Debut no fortín: SD Compostela vs RC Deportivo, domingo 25 ás 17.00 horas

  • Pola situación epidemiolóxica será exclusivamente para abonados, con sorteo de entradas en función do aforo permitido

Santiago de Compostela, a 16 de Outubro de 2020.

O debut da SD Compostela no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro xa ten data e hora. O Compos enfrontarase ao RC Deportivo da Coruña SAD o domingo 25 de outubro ás 17.00 horas, un derbi que será retransmitido pola Televisión de Galicia.

Pola situación epidemiolóxica, o acceso ao encontro será exclusivamente para abonados, con sorteo de entradas en función do aforo permitido para a data.

Actualmente, a cidade de Santiago atópase en Fase 3, con restricións desde o pasado 2 de setembro. Por iso, se o aforo permite o acceso de todos os abonados, serán os que accedan ao Estadio. Se é inferior, realizarase un sorteo.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado