David Soto, un central completo para o camiño á Segunda B

13 de Xullo de 2019

Fichaxe-David-Soto-Twitter

  • Chega procedente do Lorca FC, ten experiencia na división de bronce, e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, a 13 de Xullo de 2019.

David Soto Sánchez (16/10/1993) é o novo central da SD Compostela 2019/20. O defensa de Ourense, de 25 anos, procede do Lorca FC, onde xogou o seu último ano, e firma por unha tempada en busca do camiño á Segunda División B.

O novo integrante do plantel é un defensa que, a pesar da súa mocidade, conta cunha gran experiencia no fútbol galego, con sete campañas en Segunda B e outras dúas en Terceira, e que pode actuar nas catro posicións da liña defensiva, xa que a pesar de ser destro manexa ambas pernas. Ademais, destaca pola súa rapidez, a garra e unha gran saída de balón.

Ao estampar a súa firma, Soto regresa á súa terra, onde comezou a despuntar nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo. No segundo ano de xuvenil, debutou co filial celeste, disputando tres partidos, pero a súa gran oportunidade chegoulle na última cita, a 42, da competición de Segunda División, estreándose, ás ordes de Eusebio, no fútbol profesional co cadro olívico. Ese día disputou 45 minutos ante o Cartaxena como lateral dereito, nun encontro que gañaron por 3-0.

No seu último curso na base, volveu alternar ambos conxuntos, participando noutros catro duelos. Co descenso do Celta B, o debut como sénior levoulle á Terceira Galega, nun ano no que participou en 17 partidos, un deles no playoff, logrando o ascenso. De volta á división de bronce, foi unha peza chave no equipo formando parte en 32 encontros, todos eles como titular, mentres que no seguinte fixo o propio noutros 28 partidos.

Con todo, saíu por primeira vez de Galicia rumbo ao filial do Almería, onde xogou doce encontros no grupo cuarto da Segunda B. Esta foi unha viaxe de ida e volta, xa que o seguinte verán asinou no Boiro da mesma categoría, co que logrou unha meritoria permanencia, participando en 21 duelos. A pesar de volver cambiar de club, non abandonaría a comunidade nin a liga, ao fichar polo Cerceda, co que disputou 42 encontros oficiais, todos eles saíndo no once inicial, chegando aos 3.700 minutos disputados.

As súas boas actuacións chamaron a atención do Lorca, do grupo 13 da Terceira División, onde neste último ano xogou 35 partidos, 30 como titular, e un novo playoff de ascenso.

Todos estes datos abalan á nova incorporación da SD Compostela no seu camiño á Segunda División B, converténdose no décimo noveno membro do plantel. Forman parte del, do mesmo xeito que Soto, Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Alberto Freire, Anxo Pérez, Brais Abelenda, Gabri Palmás, Hugo Sanmartín, Jorge Queiruga, Josiño, Miki, Mon, Pablo Antas, Pato Guillén, Roberto Baleato, Rodri, Samu, Saro e Sergio Pereira.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🗣️ Valoración do técnico branquiazul trala derrota o UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O Compos cae no Vero Boquete contra o Langreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸COMPOS 🩵🤍0️⃣-0️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.