Darío: “Queremos que o partido contra o Burgos sexa noso e manexar ao rival co balón”

6 de Setembro de 2022
Carlos Brea, Jorge Míguez, Darío e Ramón Castro na Bodeguilla de San Lázaro 2
  • O dianteiro, que se estreou en liga na primeira xornada, foi presentado esta mañá na Bodeguilla de San Lázaro
  • O establecemento patrocina este ano ao punta santiagués e o encontro ante o Burgos deste domingo

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

Na súa estrea na Segunda RFEF co Compos, Darío seguiu demostrando o seu enorme potencial e capacidade goleadora. Tras unha pretempada na que foi o pichichi con cinco tantos, o dianteiro volveu marcar na primeira xornada de liga. O punta santiagués, que chegou cedido este verán polo Celta, móstrase contento polo seu rendemento ata o momento, aínda que lamenta o resultado de Oviedo. Por iso, espera, este domingo si, lograr a primeira vitoria.

O encontro contra o Burgos Promesas no Vero Boquete estará patrocinado pola Bodeguilla de San Lázaro, establecemento que esta campaña porta a súa imaxe no espigado dianteiro compostelanista. No restaurante, Darío repasou a pretempada e inicio ligueiro e explicou o que agarda da tempada, nun acto que serviu como presentación da súa fichaxe.

Chegada ao club. En xeral, foi moi ben a pretempada nun equipo novo. Estou contento cos compañeiros, o ritmo do equipo e tratando de crecer, que é para o que estou aquí esta tempada.

Estrea en Oviedo. Foi unha estrea con boas e malas sensacións. Boas, a nivel persoal polo gol, pero sobre todo a nivel colectivo, porque fomos quen de enlazar boas xogadas. Con todo, aínda temos que mellorar certos aspectos que nos custan e fannos ser menos competitivos. En todo caso, temos ganas de traballar para mellorar.

Plantel renovado. É un equipo no que hai moitas incorporacións, que foron chegando ao longo da pretempada, e tamén arrincamos con algunhas baixas. É tarefa do míster xuntar todas as pezas e non é algo sinxelo. É un proceso e melloraremos semana a semana. Temos plena confianza no grupo e no adestrador, e toca loitar cada semana para lograr os tres puntos.

Traballo sen balón. Eu mesmo son o primeiro que me quero esixir máis nese aspecto, porque esta é unha categoría que cho pide. Aínda que xogues moi ben con balón, se non es forte nas disputas, na presión ou nos repregamentos, penalízalo. Por iso, temos que darlle unha volta a iso, sacrificarnos todos para poder conseguir os obxectivos.

Capacidade goleadora do Compos. No equipo necesitamos que todos acheguen gol. Temos xente moi capacitada, tanto na dianteira como en segunda liña, como se puido comprobar contra o Arenteiro, coa chegada desde atrás de Fer Beltrán. En balón parado tamén temos xente con moito potencial, polo que teremos opcións de marcar goles todos. Temos unha chea de recursos en ataque e con iso poderemos sumar.

Visita do Burgos Promesas. Enfocaremos o partido para xogar ao noso, xa sexa un filial ou un equipo máis veterano. Somos un equipo cun nome e unha historia, polo que queremos que o partido sexa noso, ter a posesión do balón e facer dano ao rival. Fixámonos no rival, pero consideramos que é máis importante o noso traballo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 16.00🏟️ El Requexón 1📺 Youtube Real Oviedo🙌 Só vale gañar!!! Imos a pola vitoria!!!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.