Cuarto triunfo nunha tarde de remontada

16 de Setembro de 2018
Momento do gol de Santi nun partido patrocinado por Celso Míguez. Foto: Amadeo Rey.
Momento do gol de Santi nun partido patrocinado por Celso Míguez. Foto: Amadeo Rey.
  • Un tanto en propia porta e outro de Santi serviron para darlle a volta ao marcador

Santiago de Compostela, a 16 de Setembro de 2018.

A SD Compostela segue imparable na liga. O regreso a San Lázaro trouxo consigo unha nova vitoria, e xa van catro seguidas, nunha tarde na que tocou remontar. Bo xogo, sacrificio e garra mostráronse nun equipo que ten enganchado á afección, máis con encontros como o de hoxe.

Michi Leal adiantou aos visitantes á media hora nun córner, pero na segunda, tanto foi o cántaro á fonte, que o balón acabou entrando nun intento de despexe de Scalon e nun golpeo potente de Santi Gegunde desde a frontal para o 2-1 final.

Desde un inicio, San Lázaro viviu un partido entre dous estilos moi diferentes. Un equipo que quería xerar coa posesión do balón, a SD Compostela, e outro que se encerraba atrás para tentar saír á contra, o Club Silva SD.

O primeiro en triunfar coa súa idea foi o equipo visitante que avisou ao tres minutos de xogo cunha ocasión dobre tras un contragolpe. Jorge recibiu só na área, pero o seu golpeo axustado foi despexado por Lorenzo coa puntas dos dedos ao poste e, no rexeite, atrapou o tiro de Movilla.

Con todo, tras esta oportunidade, os branquiazuis fixéronse donos e señores do xogo e só a enorme actuación de Damián e a mala fortuna evitaron o tanto local. O gardameta conseguiu despexar, de forma continuada, un tiro de Santi, un centro chut de Josiño ou un balón envelenado tras pegar nun defensa. E cando non chegou o meta, primeiro Miki enviouna fóra e despois Santi atopouse co pau.

A mala fortuna acrecentouse para o Compos cando no 34, nun córner, o Silva púxose por diante. Cerezine rematou de cabeza ao segundo pau e alí apareceu Michi Leal para pór a testa e empuxar o esférico á rede.

Acusou o golpe o Compos ao que lle custou máis atopar os espazos ata o intermedio. Con todo, á saída dos vestiarios, as circunstancias cambiaron. O cansazo empezou a facer madeixa en ambos equipos e as ocasións multiplicáronse nas áreas.

O primeiro en probar sorte foi o Silva nas botas de Movilla, quen só no man a man atopou a perna salvadora de Lorenzo. Mesma resposta para os locais, xa que un centro que xa saboreaba Santi para rematar e un tiro de Miki foron despexados coa punta dos dedos por Damián.

Esta tónica repetiuse á media hora. Movilla mandou arriba un novo man a man, tras unha contra, mentres que os branquiazuis viron como se paseaba pola área pequena un remate de Brais Abelenda ou como un defensa sacaba na liña o golpeo de Uña.

Aínda así, no 70, acabaría chegando o tanto. Xogada rápida por banda que centrou Josiño, golpeou en Scalon e coouse no marco visitante. O central, no intento por evitar o remate de Aythami, meteu o pé e a pelota foise cara á súa portería.

A chegada do gol espoleou, aínda máis, ao equipo e á bancada, aventándose o segundo da tarde. Rozouse nun córner que Marcos Remeseiro case marca directo, pero o balón pegou no traveseiro, e logrouse no 77 nunha xogada de puro corazón. Aythami gañou o balón no segundo pau, cedeuna para Santi, e o lucense, desde o pico da área soltou un zambombazo que entrou pegado ao pau da meta de Damián. O delirio apoderouse dunha afección que está enganchada co equipo.

Ata o final, malia que a expulsión de Naveira, por dobre amarela, produciu certo nerviosismo, os nosos tiveron o control e case aumentan a renda nunha contra na que Marcos Remeseiro se topou co traveseiro e a liña. A pesar diso, non fixo falta o tanto para que o partido terminase co triunfo local.

O asubío do árbitro para decretar o final levantou á bancada dos seus asentos para render homenaxe a un equipo que segue co refacho triunfal polo campionato. Catro de catro para un arranque perfecto que nos mantén no máis alto da clasificación antes da primeira semana sen partido no medio do curso. Toca cargar as pilas para a próxima visita ao Paiosaco.

FICHA TÉCNICA:

2- SD Compostela: Lorenzo; Sergio Pereira (Saro, m.66), Piscu, David Uña, Naveira; Ube (Aythami, m.55), Marcos Remeseiro; Miki, Josiño (Álvaro Casas, m.78), Brais Abelenda; e Santi.

1- Club Silva SD: Damián; Carlos, Cerezine (Joao Paulo, m.87), Scalon, Jorge; Michi Leal, Aarón; Kata (Tiago, m.81), Gómez, Mauro (Gabriel, m.67); e Movilla.

Goles: 0-1: Michi Leal, min.34; 1-1: Scalon, min.70; 2-1: Santi Gegunde, min.77.

Árbitro: Davila Fernández, colexio vigués. Expulsou a Naveira (m.84) por dobre amarela. Ademais, amoestou a Sergio Pereira e Brais Abelenda, polos locais; e a Michi Leal, Movilla, Kata, Gómez, Mauro e Gabriel, polos visitantes.

Incidencias: Partido da cuarta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 830 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍🆚 CD Guijuelo 🗓️ 31.03.24⏰ 16.30🏟️ Estadio Vero Boquete🦶 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Clínica &AKT🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/65fbfc0a7af46553833537#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.