Convenio de colaboración entre SD Compostela e Conxo Santiago en categoría xuvenil

  • Ambos clubs cederanse xogadores para potenciar o seu crecemento deportivo

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2021

Na liña establecida pola base branquiazul nos últimos anos, a SD Compostela e o CD Conxo Santiago veñen de asinar un acordo de colaboración para a categoría xuvenil. Mediante o presente vínculo, ambos clubs cederanse xogadores para potenciar o seu desenvolvemento futbolístico.

Co obxectivo de impulsar o crecemento dos futbolistas de Santiago e comarca, o Conxo cederá a determinados xogadores para que poidan competir no Compos de División de Honra, máxima categoría xuvenil.

Pola súa banda, a SD Compostela, co propósito de que poidan gozar da maior cantidade de minutos e na maior categoría posible, cederá a certos outros ao Conxo, conxunto que conta con equipos en Liga Nacional e Liga Galega.

Este convenio de colaboración supón un paso máis dentro da estratexia de crecemento das categorías inferiores da SD Compostela, un gran acordo para ligar aos diferentes equipos de Santiago e comarca para que os futbolistas da área compostelá poidan seguir o seu desenvolvemento futbolístico sen saír da casa.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado