
Dende a esquerda: Carlos Ferreiro, tesoureiro da SD Compostela; José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría; César Ferrío, presidente do Dumbría CF; e Miguel Fernández, responsable de márketing do Compos.
- Ten por obxectivo o crecemento deportivo e social dos clubs e o impulso do fútbol na Costa da Morte
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2022
A Sociedade Deportiva Compostela e o Dumbría CF formalizaron un convenio de colaboración co obxectivo de que ambos clubs crezan deportiva e socialmente, así como para impulsar a práctica futbolística na Costa da Morte.
Tralas reunións mantidas nos últimos meses, ambos equipos alcanzaron un acordo mediante o cal o Compos axudará ao Dumbría á captación de xogadores da contorna e ambos colaborarán para a creación do Combinado Vákner en categoría benxamín e alevín, equipos que participarán xunto á Selección Compostec en diferentes torneos.
Así mesmo, dentro da nómina dos clubs conveniados, os técnicos do Dumbría poderán participar nas xornadas de formación que organiza a SD Compostela e asistir gratuitamente aos encontros que o conxunto branquiazul dispute no Vero Boquete. Do mesmo xeito, de ser o caso, algúns xogadores do Dumbría poderán asistir a adestramentos co Compos.
A maiores, a medio prazo, tentarase crear o Combinado Vákner, unha escola de tecnificación dirixida a potenciar o talento da comarca con adestradores de primeiro nivel.
Por último, froito deste convenio, organizarase un Campus de Verán en Dumbría.
Compartir en Redes Sociales
CompartirRelacionado
© Copyright 2018 | SD Compostela
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies | Términos y condiciones de compra