Confirmado o novo horario para o partido aprazado

  • A RFEF confirmou onte que o encontro ante o Salamanca será o 23 de febreiro ás 20.00 horas

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2022

Tras semanas de espera, a Real Federación Española de Fútbol confirmou onte que o partido aprazado da Xornada 17 da SD Compostela contra o Salamanca CF UDS disputarase o vindeiro mércores 23 de febreiro ás 20.00 horas no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Por tanto, o encontro terá lugar na semana na que o equipo branquiazul disputará dous derbis, primeiro, visitando ao Bergantiños, na fin de semana do 20 de febreiro, e, posteriormente, recibindo ao Arenteiro no fortín.

Do mesmo xeito, a directiva do club confirmou que todos aqueles abonados que non retirasen unha invitación para un acompañante para a anterior vez, poderán facelo nesta ocasión dende este luns e ata o sábado 19 de febreiro. Esta opción estará dispoñible na Oficina do Club e na Tenda Oficial. Ademais, as entradas xa retiradas, manteñen a súa vixencia e poderanse empregar para acceder ao encontro.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado