Dende a Escola de Tecnificación buscamos axudar aos nenos e nenas a que desenvolvan as súas habilidades deportivas nun entorno educativo. Está destinada a cativos nados entre 2009 e 2014.

Os obxetivos deportivos irán encamiñados a ampliar e mellorar a bagaxe motriz e as habilidades técnico/tácticas específicas dos rapaces, a través da vivencia de situacións de xogo que lles permitan despregar e refinar o seu potencial.

Haberá diferenciación entre as etapas de formación, con grupos reducidos, e traballo específico para xogadores de campo e porteiros.

Información e inscricións: Cardeñosa – 600 540 387 // Pablo Antas – 662 544 708 // Correo electrónico: compostec@sdcompostela.es