Composfest, unha campaña de abonados da SD Compostela que premia aos mozos

28 de Xullo de 2022
Composfest
Prezos Campaña
Público Campaña Abonados
Presentación Miguel Campaña Abonados
Presentación Campaña Abonados
Afección Campaña
  • O abono en Preferencia para menores de 30 anos custa 30 euros e para menores de idade é gratuíto
  • Seguindo a liña dun festival, a campaña irá máis aló dos partidos no Estadio, con variadas propostas e agasallos todos os meses
  • Tivéronse en conta as peticións dos peñistas, prémianse as renovacións, haberá reserva de asento e pódense realizar a partir do luns na Tenda Oficial, na Oficina e na web

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022

Coa premisa de achegarse ao público máis novo e enganchar a unha nova xeración de afeccionados compostelanistas, presentouse a nova campaña de abonados da SD Compostela para a Tempada 22/23, a campaña do 60 aniversario do club. Co nome de Composfet, seguirase a liña dun festival de música, no que máis aló do acceso ao estadio para ver os partidos, haberá moitas propostas a maiores, como agasallos todos os meses, o primeiro, ao realizar o abono, cunha pulseira do Compos.

Neste sentido, tendo en conta as peticións dos peñistas, entre outras cousas, reducíronse os prezos para os menores de 30 anos, destacando os 30 euros que custa o abono para Preferencia para esta franxa de idade, sendo ademais gratis para os menores de 18.

Así mesmo, todas as renovacións terán un custo inferior e, como en pasadas campañas, recuperarase a reserva de asento cun custo adicional de 5€. Por outra banda, como novidade, os antigos abonados do club (desde a tempada 2016/17) que, por unha razón ou outra, non se abonasen o curso pasado, terán un desconto de dez euros na alta nova.

O abono da SD Compostela para o novo curso na Segunda RFEF incluirá agasallos todos os meses (entregaranse por orde de recollida), promocións estas que se irán anunciando a través das redes sociais do club, así como moitas outras sorpresas. Nesta mesma liña, o club comprométese e tratará de mellorar a experiencia do afeccionado no Estadio, por exemplo, con accións prepartido, mellorando os sorteos, actividades nos descansos e un servizo de gardería no que se está traballando.

Ademais, o abonado terá acceso gratuíto a todos os partidos como local do Xuvenil A de División de Honra, gozará dun 10% de desconto nos produtos da Tenda e recibirá invitacións con acceso preferente para as actividades da Fundación e os eventos do 60 aniversario.

Con todo iso, a nova campaña poñerase en marcha o vindeiro luns 1 de agosto, habilitando tres opcións para realizar o abono: a Tenda Oficial (Rúa da Raíña, 8), a Oficina do Club (Estadio Porta 15) e a web do club (www.sdcompostela.com).

O rango de prezos, atendendo a bancada e a idade, será o seguinte:

TRIBUNA

ADULTO: 110€ (Renovación) / 140€ (Alta)

MAIORES 65 ANOS: 90€ (Renovación) / 120€ (Alta)

MENOR DE 30 ANOS: 70€ (Renovación) / 90€ (Alta)

MENOR DE IDADE: 5€ (Renovación) / 10€ (Alta)

EMPRESA (Cada 6 abonos): 510€ (Renovación) / 690€ (Alta)

PREZOS ESPECIAIS PREFERENCIA

MENOR DE 30 ANOS: 30€ (Renovación) / 50€ (Alta)

MENOR DE IDADE: Gratis (Renovación) / Gratis (Alta)

EMPRESA (Cada 6 abonos): 450€ (Renovación) / 650€ (Alta)

A maiores, mantense a opción do “Abono Picheleiro” para todas aquelas persoas que non residan en Santiago (envío gratuíto só á Península Ibérica). Este terá un prezo de 30€ e levará consigo o envío dun bolígrafo, un imán, un mandil, un chaveiro, un adhesivo e unha pulseira, así como a opción de asistir a un partido da tempada que non sexa medio día do club. Neste caso, pódese realizar, de maneira presencial, na Tenda; ou pola Web, habilitando o mail tienda@sdcompostela.com para resolver posibles dúbidas.

Os citados prezos corresponden co Abono Virtual, que se portará no teléfono móbil. No caso de preferir o formato físico, o carné terá un suplemento de 5€. Do mesmo xeito, a SD Compostela resérvase o dereito para celebrar dous medios días do club.

 

Presentación Oficial. O acto de presentación da Campaña de Abonos levouse a cabo esta tarde no Pub Momo, establecemento colaborador do club e que sempre apostou pola música, na liña do lema da campaña Composfest. Nun evento aberto aos afeccionados compostelanistas, o club presentou a campaña da man de Miguel Fernández, director de márketing.

“Esta é unha campaña baseada nas demandas da xente, a campaña do 60 aniversario, cun festival como proposta principal. Como boa festa traemos un gran cartel, con moitas novidades, no que un gran corpo técnico e importantes xogadores serán os principais protagonistas, intentando levarnos ao éxito. Ademais, tamén grandes equipos visitarán o Vero Boquete”, sinalou.

Miguel exerceu como mestre de cerimonias anunciando as novidades da campaña, acompañado por Beltrán Vázquez, delegado Mahou San Miguel en Santiago; Javier Rivera, xerente do Pub Momo; Fabiano, Álvaro Casas e Samu. Ademais, tamén estiveron presentes membros da directiva e do corpo técnico.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.