Comeza a festa en Vitoria

24 de Maio de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/pU4S1frwJko” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela quere sumar un gran resultado no primeiro duelo do playoff de ascenso

Santiago de Compostela, a 24 de Maio de 2019.

Comeza a festa do playoff e a SD Compostela viviraa en Vitoria-Gasteiz. Os branquiazuis viaxarán mañá a terras vascas para medirse na matinal do domingo ao Deportivo Alavés B, na ida da primeira eliminatoria da promoción de ascenso á Segunda B. Os Campos de Ibaia acollerán un duelo entre dous conxuntos que, ademais de quedar terceiros, comparten a mocidade dos seus planteis.

Neste primeiro duelo, as formulacións de ambos supoñerán unha lixeira incógnita, malia que o corpo técnico santiagués xa realizou os seus deberes e mostrou o tipo de rival que se atoparán. “Atopamos moitos vídeos e moita información, pero si é certo que houbo que pedir algún favor. Temos datos máis que suficientes para chegar preparados ao domingo, sobre todo dos últimos tres meses, desde a chegada de Iñaki”, detallou Yago Iglesias na rolda de prensa.

Nesas primeiras conclusións, o técnico destacou as características do grupo cuarto da Terceira División, algo que tamén marca o saber facer do MiniGlorias. “É un fútbol moi de disputa, de accións individuais, de contraataque, aínda que é certo que é un filial con moitos xogadores de calidade, polo que combina os dous tipos de fútbol”, analizou.

A pesar diso, e tendo en conta que hai sacar as conclusións en base ao cómputo global da eliminatoria, os branquiazuis queren desenvolver na Cidade Deportiva José Luis Compañón o xogo que marca o seu aceno de identidade. “Queremos levar a cabo a nosa idea, pero controlando os pequenos matices que se poidan dar no duelo”, explicou.

O que si está claro é que nos 180 minutos longos que dura a faena, o Compos dará todo por acabar pasando á segunda fase. “O obxectivo é traer un resultado positivo. Cremos que é fundamental”, resaltou o adestrador santiagués.

Con esa premisa, Yago ve a un plantel moi mentalizado, máis preparada que o curso pasado e con ganas de que empece a rodar a pelota. “O ano pasado atopabámonos máis á expectativa. Este, en cambio, xa desde que certificamos a clasificación ante o Ribadumia, o ambiente do grupo era o de centrarse no playoff e esta semana vinos moi íntegros e moi centrados”, remarcou.

Esa concentración foi vital para que os xogadores teñan claro cal debe ser a formulación máis adecuada neste partido de ida. “O que se expuxo nos adestramentos, que consideramos que é o adecuado para o que nos imos a atopar, o equipo asumiuno moi ben”, asegurou.

Esa confianza de que o traballo previo está realizado, pensa o técnico que lles axudará a nivel mental e de confianza, tanto para a ida como para a volta. Nesta primeira viaxe, dezanove serán da partida, xa que Santi terá que quedarse na casa ao ter que presentarse na mesa electoral o domingo. “É un problema porque ten unhas circunstancias que nos poderían axudar moito, pero outros nos axudarán nesa función”, comentou. Quen si irá, e con boas sensacións, será un Álex Ares que está “perfecto”.

Por tanto, os que sexan da partida en Ibaia buscarán ese resultado que tanto queren para volver a Santiago con grandes sensacións. Os branquiazuis apoiaranse no agarimo que recibiron estes días dos fieis para saír a por todas e comezar con bo pé esta primeira etapa da peregrinación.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.