Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro

Avenida Fernando Casas Novoa, 20 15703, Santiago de Compostela

Coordenadas 42°52?58?N 8°30?58?O

A súa inauguración tivo lugar o 24 de xuño de 1993, un ano antes do ascenso da SD Compostela á Primeira División.

A saber…

Para a inauguración do estadio celebrouse un torneo no que participaron o RC Deportivo, CD Tenerife, River Plate e Sao Paulo. Bebeto foi o autor do primeiro gol no estadio.

O 16 de decembro do 2018, nun encontro entre a SD Compostela e o CD Ribadumia, fíxose a inauguración oficial da nova denominación, en homenaxe á gran futbolista santiaguesa.

Características do Vero Boquete:

  • Aforamento: 12.000
  • Medidas campo: 105×68
  • Superficie: Herba Natural

Campo Anexo San Lázaro II. Campo de fútbol de adestramento

O campo anexo a San Lázaro é onde adestra o primeiro equipo e o escenario de partidos doutras categorías.

Características do campo:

  • Medidas campo: 105×68
  • Superficie: Herba Natural