Clínica Baltar, novo patrocinador da SD Compostela

De esquerda a dereita: Javier Puñal, Pablo Baltar Martínez de la Riva e Ramón Castro.

  • Patrocinará a Matías Vesprini e o debut en Ibiza do soño copeiro
  • Será a Clínica de Odontoloxía Referencia do Compos, ofrecendo descontos do 10 ou do 15% nos seus tratamentos aos abonados do club

Santiago de Compostela, a 15 de Decembro de 2020.

A familia da SD Empresarial suma un novo integrante coa entrada de Clínica Baltar. A Clínica de Odontoloxía, situada na Rúa Alfredo Brañas, patrocinará a camiseta de Matías Vesprini, así como o partido que este xoves disputará o equipo contra a UD Ibiza, no que será o debut do soño copeiro.

Do mesmo xeito, Clínica Baltar convértese na clínica odontolóxica referencia da SD Compostela, ofrecendo diversos descontos nos seus tratamentos aos abonados e seguidores do club.

Deste xeito, a primeira consulta será gratuíta (inclúe RX Panorámica) para os compostelanistas; terán un 15% de desconto en servizos básicos de odontoloxía como profilaxe, obturacións e extraccións; e un 10% de desconto en tratamentos de implantoloxía, ortodoncia, periodoncia, endodoncia e estética dentofacial.

“Para nós é un gran orgullo e unha gran honra estar a colaborar coa SD Compostela. En Santiago tamén estamos co Obradoiro, e esta oportunidade parécenos interesantísima, aparte de pola proxección deportiva do Compos, que a nivel empresarial é interesante, tamén polo inmenso labor que o club fai polas categorías base”, explica Pablo Baltar Martínez de la Riva, director da área de odontoloxía.

Clínica Baltar

Clínica Baltar é unha “clínica odontolóxica integral, desenvolvendo todo tipo de servizos de odontoloxía, sempre dende unha perspectiva de máxima calidade”, destaca. Por iso, denomínanse odontoloxía premium, “porque desde que o paciente entra na clínica ata que se marcha de alta co seu tratamento, o trato sempre é exquisito e coa máxima calidade, escapando desa odontoloxía masificada que se ve noutras clínicas”, asegura.

Así mesmo, froito desta colaboración, o director de márketing e desenrolo de negocio do club, Javier Puñal, quixo agradecer o compromiso asumido. “Para nós é un orgullo contar cunha empresa como Clínica Baltar, cunha moi boa imaxe e cunha calidade premium. Para o club é moi importante rodearse deste tipo de empresas”, sinalou.

Ademais, aproveitou a cita para animar aos seguidores branquiazuis a que se pasen polas instalacións do centro odontolóxico de referencia do club. “Quero darlles o agradecemento, a benvida á SD Empresarial e animar a todos os abonados e afeccionados do club a que veñan probar os seus tratamentos”, destacou.

Pablo Baltar, coa camiseta de Matías Vesprini que patrocina.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado