Chechu Meneses, reforzo invernal para a defensa

Chechu-Meneses

  • O central zurdo chega procedente da SD Amorebieta e firma ata final de campaña

Santiago de Compostela, a 17 de Xaneiro de 2019.

Jesús María Meneses Sabater (Palma de Mallorca, 1995), máis coñecido futbolisticamente como ‘Chechu’ Meneses, é novo xogador da SD Compostela. O central zurdo, de 1,89 metros de altura, chega procedente da SD Amorebieta, do grupo 2 da Segunda División B, e firma ata final de campaña.

O defensa balear, quen tamén pode actuar no lateral esquerdo, despois de formarse nas categorías inferiores do Mallorca, deu o salto ao  profesionalismo no Atlético de Madrid C, con quen disputou a tempada 2014/15 no grupo 7 da Terceira División.

Tralo seu curto periplo na capital, o xogador volveu á illa para enrolarse nas filas da SD Formentera, tamén da Terceira División, onde callou unha gran tempada, disputando 36 partidos, 33 deles de titular, e xogando o playoff de ascenso. O seu gran rendemento abriulle as portas dun novo filial, o do Numancia, onde xogou 22 partidos no grupo 8 da Terceira División.

Tras destaparse en Soria como un prometedor central, o Extremadura B fíxose co xogador ao ano seguinte para o seu equipo de Terceira, pero tras disputar 13 encontros da primeira volta, a Segunda División B chamou á súa porta. Chechu volveu ás illas para enrolarse no Peña Deportiva, conxunto de Eivissa co que disputou nove encontros, oito deles saíndo desde o inicio, e cos que anotou un tanto.

Con todo, o defensa non puido evitar o descenso do equipo, malia que un novo equipo da división de bronce, a SD Amorebieta, faríase cos seus servizos este pasado verán. Despois de xogar cinco partidos, catro de titular, Chechu colle de novo as maletas para asinar pola SD Compostela.

Chechu Meneses convértese así no primeiro reforzo invernal do club, un xogador novo, con proxección, que se adapta ás características do proxecto branquiazul.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado