Cardeñosa dirixirá o Sigüeiro

Cardeñosa e Borja Cervera Torres (coa camiseta), acompañados de Antonio Liñares (esquerda), presidente do Sigüeiro FC, e dos directivos Chema Sainz e José Ferro.

  • O ex-xogador branquiazul será o adestrador do novo filial compostelanista

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2021

José Manuel Rodríguez Casais, máis coñecido como ‘Cardeñosa’, será o adestrador do Sigüeiro FC na tempada 2021/22. O ex-xogador da SD Compostela, entre outros moitos equipos, dirixirá o filial branquiazul no Preferente Grupo Norte.

O convenio entre ambas entidades suma así ao proxecto a unha figura que coñece ben a casa, con moita experiencia no mundo do fútbol, e na categoría, e cunha gran vinculación á comarca de Santiago, un territorio do que procederán a ampla maioría de xogadores do plantel.

Deste xeito, o da Pobra do Caramiñal seguirá coa súa carreira nos bancos, a cal comezou nas categorías inferiores do Puebla FC e do CD Boiro, dando o paso a adestrador en equipos sénior no SD Abanqueiro, conxunto que actuaba como filial do cadro de Barraña.

Anteriormente, como futbolista, Cardeñosa pasou por equipos como o Céltiga FC, CD Boiro, Arousa SC, SD Compostela e, de novo, CD Boiro, conxunto co que estivo a competir ata o pasado mes de xaneiro. Nas súas dúas tempadas na capital galega disputou un total de 59 encontros, sendo eixo capital da zaga branquiazul e logrando un título de Liga, así como a disputa do playoff de ascenso.

No acto de presentación como novo adestrador do Sigüeiro, Cardeñosa estivo acompañado por Borja Cervera Torres, que será o preparador físico do equipo, así como por tres directivos do Sigüeiro: o presidente Antonio Liñares (esquerda), Chema Sainz e José Ferro.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado