Campións da Terceira

6 de Maio de 2018
Yago Iglesias manteado polos xogadores ao final do partido. Foto: Amadeo Rey.
Yago Iglesias manteado polos xogadores ao final do partido. Foto: Amadeo Rey.
  • Un gol de Róber no minuto 5 deulles os tres puntos aos branquiazuis para asegurar o campionato.

Santiago de Compostela, a 6 de maio de 2018.

Ao final cantouse o bingo. Novo triunfo de visitantes, nova vitoria e o Compos convértese no campión matemático do grupo 1 da Terceira División. Un solitario gol de Róber  no minuto 5 permite aos nosos conseguir os puntos necesarios para alcanzar o obxectivo.

Con 86 puntos, a SD Compostela xogará a promoción de ascenso con dúas oportunidades. O equipo logrou algo histórico e é hora de celebralo. Queda unha semana para que termine a liga, pero os branquiazuis xa poden pensar no que virá dentro de 15 días.

Co obxectivo entre cella e cella, o Compos saltou ao campo de O Espiñedo coas ideas moi claras. Sabían que non podían relaxarse en ningún momento para conseguir cantar o bingo e por iso comezaron o encontro ao 200 %. Esta motivación provocou que os primeiros minutos fosen de clara cor branquiazul.

No primeiro minuto, Santi xa avisou cun man a man que sacou Pachi e aos cinco chegou o gol. Nunha xogada típica, encarou Álex Ares ao lateral, centrouna ao segundo pau e aí apareceu Róber para rematar de cabeza ao fondo da rede, anotando un tanto que levantou a todos os afeccionados santiagueses, desprazados en masa ata O Carballiño.

Pese ao tanto, e á inoportuna lesión de Santi, o Compos seguiu coa súa idea inicial e puido anotar o segundo aos vinte minutos. Nunha acción illada, Alberto Freire pegoulle desde o pico da área, o balón rebotou nun defensa e foise ao pau da portería, cando Pachi xa estaba batido.

Co paso dos minutos, o partido endureceuse e o partido foise ao descanso entre numerosos paróns. Á volta dos vestiarios, o equipo local tentou imprimir un punto máis de intensidade e isto provocou que se sucedesen continuas faltas. Nunha delas, Samu puxo o balón ao segundo e este saíu rozando o pau, do mesmo xeito que noutro centro de Alberto Freire desde a outra banda.

Pola contra, o Arenteiro tivo nas súas oportunidades nun control longo de Carlos de Dios que atrapou Lorenzo, cando encaraba no man a man, e nunha caída de Rubén Arce na área que foi moi protestada pola bancada, pero na que o colexio non decretou nada.

Veu o tempo dos cambios, entraron Sobrido e Tomás, pero o partido non cambiou a tónica. Ningún dos dous conxuntos conseguía xerar perigo coas súas accións e as escasas chegadas á área debíanse a faltas colgadas desde calquera parte do campo.

Así morreu o partido e o Compos, por fin, puido cantar o bingo. Os branquiazuis coa vitoria convértense nos campións do grupo 1 da Terceira División, un triunfo histórico que coroa a unha gran xeración de xogadores, novos, da casa, pero cun nivel espectacular. O bo fútbol durante toda a tempada provoca que estes xogadores fagan historia no club.

FICHA TÉCNICA:

0- CD Arenteiro: Pachi; Adrián Pol, Portela, Martín Sánchez, Pana; Adrián Padrón, Vilachá (Dani Chimpín, m.46); Rubén Arce, Álex Bardelas (Martín González, m.75), Carlos de Dios (Manu Bardelás, m.69); e Iker.

1- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Samu, Alberto Freire (Sobrido, m.55); Álex Ares (Tomás, m.77), Santi (Mon, min.17), Róber; e Primo.

Goles: 0-1: Róber, min.5.

Árbitro: García Villaverde, comité ferrolán. Amoestou a Pana, Vilachá, Pachi, Adrián Padrón e Adrián Pol, polos locais; e a Alberto Freire e a Sobrido, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo sétima xornada de liga da Terceira División disputado no campo Municipal do Espiñedo ante 1200 espectadores. Nutrida presenza de seguidores santiagueses que acompañaron ao equipo no Carballiño.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.