Campaña abonados SD Compostela para a tempada 2016-17

A xunta directiva da S.D. Compostela, comandada polo presidente Antonio Quinteiro, chegou a un acordo para os prezos dos abonos da tempada 2016-2017, que se iniciará o próximo 1 de xullo.

Os prezos dos abonos terán un desconto do 20% para todos aqueles que o fagan antes do 31 de xullo. Ademais, todos eles serán para a bancada de tribuna do Estadio Municipal de San Lázaro. Por outra banda, os abonados contarán co seu carné individual e previa documentación, segundo a súa categoría. Estes abonos serán exclusivamente para os partidos de Liga.

Así, abonos para a tempada 2016-17 antes do 31 de xullo:

Abono Simple:   95 €

Abono Palco de Honra:   200 €

Abono Menores de 10 anos:   8 €                          

Abono Menores de 18 anos:      65 €

Abono Universitario, Parado Longa Duración e Pensionistas de Máis de 60 anos:      65 €

Xogadores da base SD Compostela:      0 €

Abonos para a tempada 2016-17 dende o 1 de agosto:

Abono Simple:   120 €

Abono Palco de Honra:   250 €

Abono Menores de 10 anos:   10 €                        

Abono Menores de 18 anos:      80 €

Abono Universitario, Parado Longa Duración e Pensionistas de Máis de 60 anos:      80 €

Xogadores da base SD Compostela:      0 €

Por outra parte, os prezos das entradas para esta temporada serán:

Menores de 10 anos   5€

Entrada única   10€

Todas estas localidades serán vendidas exclusivamente para a grada de Tribuna do Estadio Municipal de San Lázaro.

Máis información nas oficinas do club no estadio, na nosa páxina web ou chamando ó teléfono: 981 57 70 41.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado