Cambio de adestradores para os xuvenís e o cadete de primeira

Vecho, cando era preparador físico do Cerceda.

Vecho, cando era preparador físico do Cerceda.

Santiago de Compostela, a 6 de Xuño de 2016.

A SD Compostela chegou esta tarde a un acordo para que Antonio Ríos Cortés “Vecho”, Anxo Antonio Dominguez e Guillermo Gil Pedrouso adestren, nesta nova tempada, aos dous xuvenís e ao cadete de primeira autonómica, respectivamente.

Antonio Ríos “Vecho” será o encargado de dirixir ao xuvenil de Liga Nacional, que o ano pasado quedou cuarto da liga con 60 puntos. O adestrador de Boiro chega despois de quedar co Unión de Asados na quinta posición do segundo grupo da primeira autonómica. Ademais, adestrou ao Boiro de Preferente, e durante oito anos nas categorías inferiores do Deportivo, polo que ten un gran coñecemento da categoría.
Ángel Antonio Domínguez poñerase ao cargo do xuvenil de primeira autonómica, que a campaña pasada rematou a liga na novena posición con 47 puntos. O ribeirense logrou o ano pasado a salvación co Xuventú Aguiño no grupo 5 da segunda autonómica.

Por último, Guillermo Gil Pedrouso, que a tempada pasada levou aos xuvenís do Cacheiras e ao Guimarei, equipo da Estrada que ascendeu á segunda rexional, dirixirá ao cadete de primeira autonómica. O adestrador da Estrada poñerase a cargo dun conxunto que o curso pasado terminou cuarto na primeira cadete Copa Cocacola.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado