Brais Abelenda seguirá “chamando” en Segunda B

31 de Xullo de 2020
Renovación Brais Abelenda 1
  • O pichichi branquiazul renova por unha tempada polo equipo branquiazul

Santiago de Compostela, a 31 de Xullo de 2020.

A SD Compostela 20/21 xa ten unha nova peza, a segunda, para o seu camiño na Segunda División B. Brais Abelenda Negreira, pichichi branquiazul esta tempada con 14 tantos, renova por un ano coa entidade branquiazul para seguir “chamando” na división de bronce do fútbol nacional.

Con esta renovación, o Compos asegúrase a continuidade dun fixo no once titular do equipo nas dúas últimas tempadas. O atacante de Val do Dubra cumprirá así a súa terceira campaña no club na que seguirá tentando achegar a súa calidade, o seu traballo e os seus goles para o bo facer da entidade compostelanista.

Aos seus 24 anos, cumprirá 25 en outubro, Brais regresa á categoría na que disputou dúas tempadas ao completo (44 partidos), nas filas do Racing Club de Ferrol, xusto antes de recalar na capital galega. Co Compos, o de Bembibre, que actuou, principalmente, como extremo e como dianteiro, anotou doce e catorce tantos (cifra oficial ao non concederlle o árbitro o tanto contra o Somozas) en Liga, cifras que tentará igualar na Segunda B. Do mesmo xeito, froito do seu bo facer, a afección nomeouno como o “Xogador 5 Estrelas Compos” en dúas ocasións.  

Coa extensión do seu contrato, a SD Compostela conta xa con dúas pezas para a campaña do seu regreso á Segunda División B. A continuidade de Brais Abelenda súmase á fichaxe do porteiro Borja Rey, polo que aos poucos irase definindo o plantel que encarará este ano ilusionante na categoría de bronce.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🗣️ Valoración do técnico branquiazul trala derrota o UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O Compos cae no Vero Boquete contra o Langreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸COMPOS 🩵🤍0️⃣-0️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.