Brais Abelenda non seguirá na SD Compostela

  • O atacante de Bembibre non aceptou a proposta de renovación do club

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2021

Brais Abelenda non continuará na SD Compostela na Tempada 2021/22. O atacante de Bembibre non aceptou a proposta de renovación do club, polo que di adeus á capital galega tras tres grandes tempadas.

Brais marcha tras tres campañas no club nas que disputou 95 partidos, anotando 31 goles, logrando o histórico ascenso á Segunda División B. En Santiago, destacou tanto na faceta de dianteiro como xogando como extremo, sempre achegando o máximo para o ben do equipo. Do mesmo xeito, tamén axudou neste tempo ao bo ambiente do vestiario, sendo un xogador moi querido para a afección branquiazul.

Por iso, agradecendo ao máximo toda a súa contribución á SD Compostela nestas tres tempadas, o club deséxalle a mellor das sortes para o seu futuro. Moitas grazas, Brais.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado