Bicho non viaxará a Salamanca por un contacto cun positivo externo ao club

  • O mediapunta deu negativo na PCR realizada e permanecerá illado dez días

Santiago de Compostela, a 5 de Febreiro de 2021.

Bicho non viaxará a terras salmantinas coa expedición da SD Compostela. O mediapunta sadense permanece desde o día 2 de febreiro en corentena no seu domicilio por contacto cun positivo externo ao club.

A pesar de ser negativa a PCR realizada, e de atoparse sen síntomas, permanecerá illado na súa casa 10 días e realizaráselle outra PCR, segundo ditan os protocolos, antes de regresar aos adestramentos.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado