Autobús e entradas anticipadas para a final en Salamanca

  • O prazo para conseguilas finaliza o xoves ás 13.00 horas
  • O prezo do autocar é de 30€ e das entradas 18€ (Xeral) e Gratis para menores de 12

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022

A SD Compostela quere que a afección estea co equipo na final deste domingo, ás 12.00 horas, no Estadio Helmántico. Por iso, o club pon á disposición dos afeccionados un autobús, así como a venda de entradas anticipadas. Todos xuntos podemos lograr o obxectivo.

Dende este martes, xa se poden mercar as entradas e inscribirse no autobús tanto nas Oficinas do Club como na Tenda Oficial. O prezo da viaxe é de 30€, mentres que as entradas teñen un prezo de 18€ (Xeral), en bancada de Tribuna; e gratuíta para os menores de 12 anos (non teñen que retirar a invitación). Para ambos casos, o prazo finaliza este xoves 12 de maio ás 13.00 horas.

No caso do autobús, a saída produciríase desde o Estadio Verónica Boquete de San Lázaro ás 6.00 horas do domingo 15 e a volta ás 16.00 horas, deixando un tempo para a comida. Para o autocar, como en anteriores ocasións, necesítanse cubrir unhas prazas mínimas.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado