Arrincou a rede de Campus Xacobeos mentres se alcanzan xa os 300 inscritos

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022

A ampla rede de Campus Xacobeos, organizados pola Fundación SD Compostela xunto aos clubs colaboradores, arrincou esta mañá nas súas tres primeiras sedes: As Cancelas, Vimianzo e Melide. Os nenos e nenas participantes gozaron das actividades preparadas polos monitores, nunha primeira xornada de toma de contacto. Mentres se levaba a cabo este inicio, as inscricións alcanzaron xa os 300 anotados, e sumando, posto que as restantes sedes seguen co prazo aberto e dispoñible na ligazón https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos.

Cabe lembrar que os campus están destinados a nenos e nenas de 6 a 14 anos e que se levarán a cabo, ademais dos tres lugares xa citados, en Santiago (outras tres semanas, cunha específica para porteiros), Negreira, O Pino, San Vicente do Grove, Esteiro e Louro.

Neste inicio, desde o club queremos agradecer ás empresas que fan posible a celebración destes Campus, con especial mención para Segundo Rey, patrocinador do Campus de Santiago; Galifresh, Augas de Sousas e Gadis, pola súa achega para o xantar de todos os participantes; Rede Aberta e Xacobeo 21-22.

Ademais, lembrarlles aos interesados que aínda están a tempo de inscribirse nas sedes restantes, as cales irán pechando a súa inscrición a medida que se achegue a súa data de inicio. As solicitudes poden realizarse en https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos. Na solicitude cubriranse todos os datos do participante, así como o lugar escollido, coa necesidade de remitir, para completar a inscrición, o comprobante de pago (unha vez realizado o ingreso no número de conta ES31-2080-0300-8730-4558-2273) e unha fotocopia do DNI do menor ao correo electrónico academia@sdcompostela.com.

Así mesmo, para resolver calquera dúbida ou para solicitar máis información, ponse a disposición o citado e-mail, así como o número de teléfono 626 063 705 (Manu Otero).

Os prezos por semana varían en función das distintas modalidades previstas. A tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados dos clubs organizadores, 125€; para os xogadores da base do Compos e dos clubs organizadores, 90€; e para irmáns de rexistrados, 70€.

Para a próxima semana as citas programadas son a segunda semana do Campus da SD Compostela, de novo en As Cancelas, e a primeira edición do Campus de Porteiros Borja Rey, no Campo da Mercé, en Conxo.

 

Compartir en Redes Sociales

Relacionado