Apelación ao civismo para a final do Playoff Exprés

  • O club quere sentir o agarimo e apoio de todos vós a través das redes sociais
  • Todos debemos respectar as medidas de seguridade decretadas polas autoridades

Santiago de Compostela, a 24 de Xullo de 2020.

Despois dunha semana de impaciencia, mañá será o día no que nos xoguemos o ascenso a noventa minutos, unha cita agardada por todos, pero na que debemos demostrar civismo. Tanto durante o desenvolvemento do encontro, como tras a disputa deste, débense cumprir todas as medidas de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades. É moi importante ser moi coidadosos con estes protocolos para evitar rebrotes.

Por todo iso, a SD Compostela apela ao civismo para seguir a tan ansiada final do Playoff Exprés. Xa que o encontro se disputará a porta pechada, queremos sentir o voso apoio a través das redes sociais do club. Este agarimo queremos que chegue desde unha contorna segura, na que se cumpran todas as medidas de seguridade, polo que debería evitarse a viaxe a Vigo.

Así, evite as aglomeracións, respecte o distanciamento social, utilice con frecuencia o xel hidroalcohólico e non se esqueza de usar a máscara (do Compostela!).

Compartir en Redes Sociales

Relacionado