Anxo Pérez seguirá defendendo a portería da SD Compostela

Renovación-Anxo-Twitter

  • O porteiro de Negreira cumprirá a súa segunda campaña ás ordes de Yago Iglesias

Santiago de Compostela, a 22 de Xuño de 2019.

Anxo Pérez Barbazán cumprirá a súa segunda campaña defendendo a portería da SD Compostela. O gardameta de Negreira amplía o seu contrato por un ano co cadro branquiazul, co obxectivo de formar parte do plantel no camiño á Segunda División B.

Na súa primeira tempada en Santiago, Anxo alternouse baixo os paus do Vero Boquete de San Lázaro, disputando un total de 25 encontros, divididos en dous da Copa Deputación, dous da Copa do Rey e vinte e un de liga, participando ademais nos dous do playoff de ascenso. Ao final pechou o ano superando os 2.000 minutos de xogo.

Con 23 anos, será xa a súa cuarta campaña en Terceira División, á que suma outra en Segunda B, nas filas do Pontevedra, conxunto do chegou á capital galega. Nela, espera contar de novo coa confianza de Yago Iglesias e demostrar o seu bo facer na portería.

Unha vez asinou Anxo, a SD Compostela 2019/20 conta xa con once integrantes. Renovaron Alberto Freire, Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Josiño, Mon, Samu, Saro e Sergio Pereira; regresou da súa cesión Jorge Queiruga; e fichouse a Gabri Palmás.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado