Analizamos ó rival da 13ª xornada: Así é o C.D. Lealtad

lealtad - composA S.D. Compostela visitará Asturias na 13ª xornada para enfrontarse ao C.D. Lealtad. Un rival complicado para o club santiagués que se medirá ante un equipo que, no que levamos de tempada, fixo do seu campo un fortín. Dos seis partidos disputados no Estadio de Las Callejas, o Lealtad alcanzou a vitoria en cinco deles e cedeu un empate ante o Burgos.

Malia que fóra de casa os asturianos non saborearon todavía a vitoria, os bos resultados no seu campo catapultaron á sexta posición ó equipo dirixido por Javi Rozada. Unhas estatísticas que o tildan de temible e sitúanno como un deses equipos que pode chegar a dar a sorpresa no grupo I.

Pola súa banda o Compostela afrontará este partido cunha dose de confianza extra trala agónica vitoria ante o Tudelano. Conscientes de que se enfrontarán a un rival duro, os de Iñaki Alonso chegarán a este encontro co difícil de reto de romper “a maldición” en Las Callejas. Un duelo complexo pero á vez ilusionante ante a posibilidade de alcanzar dúas vitorias encadenadas.

O partido será arbitrado por Álvaro López Parra, do Comité Territorial Cántabro e as entradas terán un prezo de 15€ para público xeral.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado