Analizamos ó rival da 11ª xornada: Así é o C.P. Cacereño

01-11-15 cacereno vs sdEste domingo, ás 12 do mediodía, a S.D. Compostela visita o estadio Príncipe Felipe de Cáceres, o feudo do Cacereño. Un equipo que actualmente sitúase no undécimo posto situándose na zona media da táboa e destacando pola solidez que ofrece como local. Polo momento, dos cinco partidos que xa disputou en casa, o Cacereño conseguiu catro triunfos e un empate así que o cadro extremeño chega a esta cita ante o Compostela sen coñecer aínda a derrota diante dos seus afeccionados.

Fundado no ano 1919, a cor verde na súa camisola e pantalón é o distintivo máis recoñecido nun club que nos últimos anos asentouse na división de bronce.

Logo de perder na última xornada con certa claridade, -3 a 0 no campo do Lealdad-, o Cacereño buscará o triunfo ante o Compostela para confirmar a súa boa xornada como local, e de paso, para consolidarse na zona media alta de clasificación.

No que vai de liga o Cacereño marcou 10 goles e encaixou 11. O seu punto débil atopámolo a domicilio, onde colleitou catro derrotas; incapaz de gañar aínda como visitante.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado