Analizamos ao rival da 10ª xornada: Así é o C.D. Guijuelo

22 de Outubro de 2015

24-10-2015 sd vs guijueloO C.D. Guijuelo debutou por primeira vez na Segunda División B na tempada 04/05, logrando ese ano un máis que meritorio duodécimo posto na clasificación. Desde entón, logo de varias alegrías e algunhas decepcións en forma de descenso, o conxunto salmantino logrou manterse na categoría asentando un proxecto que ano tras ano lle permitiu escalar posicións.

Na tempada 2013/14 o equipo ten problemas económicos pero malia todo, despois de mudar in extremis o persoal de xogadores, logra unha meritoria cuarta posición da man de Rubén da Barreira. Como premio, o Guijuelo consegue clasificarse para a fase de ascenso á Liga Adiante, onde cae eliminado en primeira rolda ante o C.D. Leganés.

O ano pasado, a punto estivo de volver disputar a promoción de ascenso. Dirixido por Fernando Estévez, o cadro charro acaba a liga na quinta praza.

Para esta tempada, e de novo baixo a dirección de Rubén da Barreira, o Guijuelo mantén a ambición por ser un dos equipos que pelexe por colocarse nos postos altos da táboa. Nas nove xornadas que van de liga, os salmantinos suman un total de cinco vitorias, tres empates e tan só unha derrota. Uns resultados que colocan ao Guijuelo no segundo posto, por detrás do Rácing de Ferrol.

A S.D. Compostela terá que enfrontarse a un equipo moi forte; detalle que motiva especialmente aos pupilos de Iñaki Alonso, deseosos de sumar a segunda vitoria da tempada no Estadio de San Lázaro.

O prezo das entradas para este partido é:

25€ Tribuna
20€ Preferente

Entrada gratuita para os menores de 15 anos, que en caso de non ter abono terán que retirar unha entrada na taquilla a modo de invitación.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🗣️ Valoración do técnico branquiazul trala derrota o UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O Compos cae no Vero Boquete contra o Langreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸COMPOS 🩵🤍0️⃣-0️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.