Ampla representación da SD Compostela Atletismo no control de marcas de Noia

Un dos cativos da SD Compostela Atletismo competindo no control de marcas de Noia.

  • Corenta atletas do club, con moitos debutantes, estiveron na cita celebrada este pasado sábado

Santiago de Compostela, a 18 de Xaneiro de 2020.

Esta pasada fin de semana, a SD Compostela Atletismo, xunto cos clubs da delegación de Santiago, Ames, O Pino, Atletismo A Silva e Club Atletismo Noia, organizou na pista de Noia un control de marcas denominado “Vila de Noia”. Co apoio do concello da vila mariñeira e da delegación da capital galega, máis de 40 atletas do noso club, de tódalas idades, puideron participar nesta cita.

Os nosos participaron en carreiras de velocidade, carreiras de fondo, medio fondo e salto de lonxitude na renovada pista noiesa.

Os máis cativos da SD Compostela participaron nos 50 e 60 metros lisos, e algún tamén o probou no salto de lonxitude. Entre eles estiveron Iria e Martin Giao, Álex Pena, Daniela e África Castiñeiras, Diego e Álvaro Muñiz, Juan e Gonzalo Dubert, Marcos Barcala, Lucía Taboada, Martina Rodríguez, Sofía Suárez, Clara López e Diana Botana.

Xa en probas máis longas, tivemos a Diego Muñiz cun problema de motor, polo cal non puido rematar a carreira, e a Paula Pérez, quen volveu a abraiar a todos ao impoñerse con certa facilidade a todas as súas rivais no seu debut nos 1000 metros, cun rexistro final de 3’30”.

Subindo de idade, tamén na velocidade, Ian Torres, sub-16, foi segundo nos 60 metros lisos, un atleta que tamén fixo lonxitude.

E para rematar as categorías inferiores, nos sub-16, 18 e 20 houbo un aluvión de atletas do Compos, co debut de moitos triatletas do Triatlón Santiago nas filas da SD Compostela.

Entre eles, destacada actuación de Brais Picón nos 3000  metros, en pugna pola vitoria co seu compañeiro de equipo Iván Abeledo. Mentres tanto, nos 800 metros, gañou Gonzalo Cao, con Xoel Blanco na terceira praza e seguidamente Simón Vigo, Marco Mota e Iván Rey.

Nesta mesma distancia, pero en categoría absoluta, viviuse a estrea de Jesús Cabo como branquiazul.

Na velocidade de homes absolutos tivemos tamén ampla representación, con Adrián Gómez e o novo atleta Santi Dapena nos primeiros postos, cita na que tamén participaron Juan Botana, Laureano Varela, Antonio Vázquez e Emilio García.

Mentres tanto, na velocidade de rapazas absoluta tivemos, nos 400, a Antía Botana; nos 800, a Lara Castro, que foi terceira, seguida de Noa Taibo, Sabela González e Candela Porto; e pechando a xornada, outra debutante no club este ano e na pista como Elena Veres, cun gran debut nos 3000 metros, onde foi baixa de última hora Ainoa Gontán.

 

Por outra banda, o sábado pola tarde, na pista cuberta de Expourense, presenciamos dous novos debuts nas filas do noso equipo. Carlos Manso, regresaba ao tartán despois dunha longa lesión para facer unha moi boa carreira nos 60 metros lisos e participar logo nos 200.

Nos 60, tamén correría Roi Porteiro, deixando moi boas sensacións no seu debut.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado