Amargo final en Calabagueiros

31 de Marzo de 2019
Balón ao poste de Naveira na segunda metade. Foto: Amadeo Rey.
Balón ao poste de Naveira na segunda metade. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos volve de baleiro nun encontro no que mereceu mellor fortuna

Santiago de Compostela, a 31 de marzo de 2019.

A SD Compostela non atopou premio algún na súa visita ao CD Barco. Os branquiazuis, tras unha primeira metade sen oportunidades, tiveron as máis claras na segunda, pero non as aproveitaron e os locais levaron os puntos co gol de Juanito Bazo no minuto 83. Foi un amargo final nun gran partido que debe servir de estímulo para as oito finais que quedan.

Viaxaba o Compos ao Barco de Valdeorras para rematar o denominado Tourmalet. Tras tres triunfos consecutivos, Yago Iglesias decidiu darlle continuidade ao sistema de xogo de catro defensas, malia que con tres cambios respecto ao domingo pasado. Naveira, Álex Ares e Brais Abelenda entraron no once co obxectivo de manter as boas sensacións.

Desde o inicio, os nosos tentaron dominar coa posesión de balón, aínda que os locais apostaban por unha forte presión, coa que tentaban quitarse o perigo de encima. Con esa formulación de ambos conxuntos, a igualdade imperaba no encontro.

O Barco, a partir de balóns colgados en xogadas a balón parado, e o Compos, con centros desde as bandas, tentaban levar o perigo á área rival, pero as defensas impúñanse claramente aos ataques. De feito, a opción máis clara chegou cun despexe de Blanco que golpeou en Aythami e marchou pola liña de fondo.

Con todo, tralo paso polos vestiarios, a dinámica cambiou por completo. Os branquiazuis pasaron a ter máis presenza en campo rival e as oportunidades cada vez eran máis perigosas. Así, no 64, o gol estivo a piques de cantarse nun centro de Marcos Remeseiro que rematou de primeiras Brais Abelenda, pero o porteiro local, ben situado, sacouna co corpo baixo os paus.

Catro máis tarde, de novo o mediocentro coruñés, esta vez desde o córner, colgou un esférico que peiteou Brais Abelenda e caeu no segundo pau, pero Chechu, só de marca, non atopou os tres paus. Marcos Remeseiro aínda recolleu o rexeite, con todo, o seu golpeo foise moi arriba.

Os centros e os córneres estaban a fornecer aos nosos e por este medio chegou a máis clara do partido. De novo, Marcos Remeseiro centrouna ao punto de penalti e Naveira rematou de cabeza á perfección, pero cando xa se cantaba a diana, o balón golpeou no poste e despexou a defensa.

Aínda así, o peor estaba por chegar. Nunha área, Aythami, Santi e Miki non foron capaces de atopar a rede nun rebumbio no que os locais se salvaron de milagre. Mentres, na outra, dous recentemente entrados xeraron o único tanto do encontro. Diego Tato puxo o centro, rematou Tabala, Anxo Pérez tocouna, pero o despexe caeu nos pés dun Juanito Bazo que non perdoou.

Os branquiazuis acusaron o golpe cando mellor estaban, malia que puideron igualar nun centro raso de Miki ao que non chegou Aythami por milímetros. Tamén tiveron a súa os locais, nun man a man do goleador andaluz, pero liquidou á perfección Anxo Pérez.

Deste xeito, o marcador xa non se moveu e o Barco puido celebrar un triunfo épico contra un Compos en refacho. Pola contra, o Compos volve sen puntos nun partido no que mereceu mellor premio. Toca xa levantar a cabeza e pensar no Boiro para recuperar sensacións e seguir pelexando pola cabeza da clasificación.

FICHA TÉCNICA:

1- CD Barco: Blanco; Sito, Toni, Omar, Oli (Diego Tato, m.79); Rubén García (Juanito Bazo, m.71), Pablo Rubio; Ivi Vales, David Álvarez, Jorge (Iker Revuelta, m.26); e Tabala.

0- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas, Chechu, Naveira; Samu, Marcos Remeseiro; Miki, Álex Ares (Santi, m.75), Brais Abelenda (Josiño, m.69); e Aythami.

Goles: 1-0: Juanito Bazo, min.83.

Árbitro: García Gómez, comité coruñés. Amoestou a Pablo Rubio, Rubén García e Tabala, polos locais.

Incidencias: Partido da trixésima xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Campo de Calabagueiros ante 800 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.