Álex Ube marcha cedido ao CD Boiro

  • O mediocentro vigués estará a préstamo ata o próximo 30 de xuño

Santiago de Compostela, a 16 de Xaneiro de 2019.

Álex Ubeira Millán ‘Ube’ márchase cedido ata final de tempada ao CD Boiro. O mediocentro vigués estará a préstamo no cadro boirense ata o próximo 30 de xuño, despois de chegar a un acordo entre clubs e entre o propio xogador e o Boiro.

Desde o club querémoslle desexar a maior das sortes a Ube para esta nova etapa na súa carreira deportiva, un punto e seguido na súa vinculación co Compos, xa que ao seu regreso falarase con el para que continúe no equipo.

Durante estas dúas tempadas e media connosco, ademais do seu enorme talento futbolístico, Ube demostrou unha gran calidade humana, educación e moita madurez, a pesar da súa curta idade. Sen dúbida, o noso proxecto non se entende sen xogadores como Ube.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado