Álex Díaz, cedido ao Xallas FC

  • O porteiro branquiazul márchase a préstamo logo de renovar por dous anos coa SD Compostela

Santiago de Compostela, ao 6 de xullo de 2020.

O porteiro da SD Compostela Álex Díaz Garayzabal xogará cedido a próxima campaña no Xallas FC, da Preferente Norte. O canteirán branquiazul márchase a préstamo despois de renovar o seu contrato coa SD Compostela por dúas tempadas.

Comezará así a andaina de Álex en categoría sénior, despois de completar o seu último ano de xuvenil co ansiado ascenso á Liga Nacional, sendo o capitán, e líder desde a portería, dese Xuvenil A.

Con todo, antes poñer rumbo a Santa Comba, o cancerbeiro participará co Compos no playoff exprés que se disputará, a partir do 18 de xullo, no Estadio Municipal Abanca Balaídos.

Do mesmo xeito, a SD Compostela deséxalle a mellor das sortes para esta nova etapa na carreira deportiva de Álex, na que seguirá ligado á entidade branquiazul. Boa sorte, Álex.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado