Alberto Mariano, poñente do II Clínic La Excelencia del Entrenador

26 de Decembro de 2019

Alberto Mariano Estévez (07/06/1976), adestrador do C.D. Estradense en Terceira División, participará no II Clínic A Excelencia do Adestrador e impartirá unha charla titulada “Os mecanismos para crear un modelo de xogo”.

Pode describir brevemente a súa traxectoria como adestrador?

Empecei adestrando na S.D. Compostela na categoría Alevín e pasei por tódalas categorías do club ata chegar a Xuvenís. A tempada 15/16 teño a oportunidade de adestrar ao primeiro equipo da S.D. Compostela de Segunda División B e ao ano seguinte embárcome nunha breve, pero intensa, aventura no Chongquing chinés, como director de metodoloxía.

De volta a casa, tomo as rendas do C.D. Estradense, co cal ascendo a Terceira División.

Cre na inercia que lle achega o xogador aos sistemas?

As características dos futbolistas dentro do propio sistema fan que certos mecanismos cambien, iso significa que ademais do que ti tiñas pensado, posiblemente o futbolista sexa capaz de engadir cousas que ti non tiñas en mente cando o planificaches. E ao revés, que as propias características do futbolista non se adaptan ao que ti tiñas pensado nese sistema e fai que o modelo de xogo cambie.

Ten unha idea moi clara de como aplicar o seu sistema de xogo?

Sumadas as características individuais dos futbolistas e os mecanismos que ti lle dás, tense que facer que o equipo xogue ao que ti queres, independentemente do sistema que utilices. O importante é crear un modelo de xogo, xa que co mesmo modelo pódense xogar diferentes sistemas.

O modelo de xogo ten que vir dado polas características individuais de cada futbolista, pola súa forma de xogar e sobre todo polos mecanismos que ti lle dás, que grazas a eles é como se consegue que xoguen da forma que ti queres.

Pode darlle algún consello aos adestradores mozos?

Non permitades que ninguén vos diga que algo non se pode facer. Poida que che leve máis tempo, que non coñezas o camiño que tes ou debes percorrer, pero sempre debes estar preparado para esa oportunidade que sempre chega.

E se coñeces a alguén que xa non cre, que pensa que xa está todo establecido, que sempre adestran os mesmos, que se non fuches futbolista non se pode chegar… por favor, dille que non che moleste.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.