Alberto Freire, cedido ao Noia ata final de tempada

  • O mediocentro de Negreira xogará ás ordes de Iván Carril

Santiago de Compostela, a 30 de Decembro de 2019.

Alberto Freire Riveiro xogará cedido ata final de tempada no Noia CF, da Preferente Norte. O mediocentro de Negreira, que aínda ten un ano máis de contrato no Compos, adestrarase a partir de agora ás ordes de Iván Carril, un técnico da casa que dirixe un equipo que aposta tamén polo fútbol de toque.

Desde o club desexámoslle a maior das sortes neste periplo en terras noiesas, con moitos éxitos persoais e deportivos e esperarémoslle cos brazos abertos para o seu regreso no verán.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado