Adrián Vázquez, novo analista da SD Compostela

Adrián Vázquez na Sala de Trofeos da SD Compostela no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

  • O ex-adestrador do Dubra incorpórase ao corpo técnico dirixido por Rodri Veiga

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2021

Adrián Vázquez Forján (A Baña, 1984) será o novo analista da SD Compostela na Tempada 2021/22. O ex-adestrador da SD Dubra incorpórase ao corpo técnico dirixido por Rodri Veiga para liderar o departamento que ocupaba a pasada campaña Fiz Rodríguez.

Adrián chega abalado polas súas tres grandes tempadas como técnico do equipo dubrense. Tras colgar as botas aos 33 anos, pasou de ser o dianteiro referencia do plantel para dirixir aos seus antigos compañeiros dende o banco. Nesta etapa como adestrador logrou un sétimo e un décimo sexto, respectivamente, nas súas dúas primeiras campañas, mentres que neste atípico último curso acabaron como terceiros na Primeira Fase Grupo Norte Subgrupo B e segundos na Fase de Clasificación para a Copa do Rey Grupo C1.

Anteriormente, como futbolista, despuntou moi novo como un punta rápido e habilidoso, anotando un gol capital no histórico ascenso do Negreira á Segunda División B. Precisamente, na antiga división de bronce do fútbol español, xogaría no cadro nicrariense e no San Sebastián de los Reyes. De volta en Galicia, militou no Santa Comba, Racing Vilalbés, Cerceda (onde coincidiu con Rodri Veiga), Negreira e Dubra, no que xogou as súas catro últimas campañas.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado