Aberta a inscrición para as categorías inferiores da SD Compostela

3 de Maio de 2018

Aberta Inscrición Base Compos 18-19-01

Santiago de Compostela, a 3 de Maio de 2018.

A SD Compostela comeza xa a preparar a tempada próxima para as categorías inferiores. O club ten aberto xa o prazo para a inscrición de novos xogadores de cara ao próximo curso, no que obxectivo será dar un salto cualitativo no seu proxecto.

Coordinado por Víctor Pazos, nova persoa encargada para este importante labor, a entidade quere asentar un proxecto sólido, que dispoña de todas as categorías e que conte cun gran capital de xogadores. Así o deixou claro Víctor, tanto na entrevista que lle fixeron esta semana, como no seu discurso de presentación no evento da canteira que a SD Compostela organizou o pasado venres no Hotel Oca Porta do Camiño.

Os obxectivos principais pasan por dispoñer dun equipo biberón, o cal se estreou este curso, adestrando toda a tempada, crear o Prebenxamín, alimentar de xogadores a todas as categorías e, por último, tentar que os equipos de fútbol 11 ascendan ás ligas máis destacadas.

Para iso, a entidade dá este primeiro paso co que buscan captar aos mozos xogadores santiagueses, deixando claro que o primordial a estas alturas é a educación en torno ao deporte, ensinándolles aos pequenos uns bos valores formativos, á vez que se divirten practicando a súa actividade favorita, o fútbol. Todo iso sumarase a un gran coidado polos estudos, tendo claro que a práctica futbolística ten que acompañarse dun bo rendemento académico.

Víctor e a SD Compostela queren afianzar as bases dun gran proxecto para a entidade branquiazul. Será un traballo longo, no que se primará a paciencia, pero o club dará ese salto nas súas categorías de formación, necesario para un próspero futuro.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

2 days ago

SD Compostela
🤝 Manu Barreiro visitou o pasado venres aos nenos e nenas do CEIP de Arzúa🩵🤍 Un encontro, enmarcado nas actividades de promoción do deporte e dos valores do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, no que puido compartir a súa experiencia no mundo do fútbol🙌 Unha gran visita, na que tamén entregou invitacións para o partidazo decisivo ante o Real Avilés Industrial C.F.#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Os nosos descansan hoxe para centrarse, dende mañá, no partido decisivo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F.!💪 Un único obxectivo 👉GAÑAR #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
💪 Vitoria necesaria e merecida para os nosos en Oviedo, 0️⃣-1️⃣👐 O tanto de @davidgrande9 permítelle ao Compos seguir loitando polo playoff📸 @realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAALReal Oviedo Vetusta0⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤⚽️ David Grande 💪 SÓ VALÍA GAÑAR E GAÑOUSE! PARTIDO MOI SERIO DOS NOSOS QUE SUMAN OS TRES PUNTOS CON TODO MERECEMENTO! 🙌 VOLVEMOS GAÑAR COMO VISITANTES!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.