A SD realizará este xoves ás 12 a ofrenda ao Apóstolo

14 de Setembro de 2016

Santiago de Compostela, a 14 de Setembro de 2016.

Un ano máis, a SD Compostela realizará a ofrenda ao Apóstolo Santiago nunha cerimonia que terá lugar este xoves 15 de setembro ás 12:00 na Catedral de Santiago de Compostela, e á que asistirán todos os xogadores do primeiro plantel, o corpo técnico e a xunta directiva, ademais dos membros da canteira da entidade santiaguesa. A misa será oficiada polo bispo auxiliar de Santiago de Compostela, D. Jesús Fernández.

Anteriormente, todo o grupo reunirase nas escaleiras da praza de Praterías ás 11:45, para entrar á catedral pola devandita porta.

Xa na cerimonia, a metade da misa, o presidente da entidade santiaguesa, Antonio Quinteiro, fará a súa invocación ao bispo, coa consecuente resposta do monseñor Jesús Fernández. Ademais, o máximo mandatario do club entregaralle ao bispo a camiseta desta tempada, serigrafiada coa frase: “Ao patrón Santiago”.

A continuación, comezará o voo do botafumeiro e mentres, todos os membros da entidade compostelá asistentes á cerimonia pasarán a darlle o abrazo ao Apóstolo, ascendendo ao camarín do altar maior.

O acto terá unha duración aproximada dunha hora e á saída da mesma, na praza da Inmaculada, o presidente, Antonio Quinteiro, o adestrador, Yago Iglesias, e o capitán, Santi Taboada, falarán diante dos medios en nome da entidade.

Todos aqueles que queiran asistir ao acto están convidados. Sería unha honra contar con todos vós na misa ao noso patrón.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.