A SD Compostela xa está na final da Copa Deputación

12 de Agosto de 2018
Momento do gol de Miki no desconto.
Momento do gol de Miki no desconto.
  • Aythami, Mon e Miki foron os goleadores branquiazuis no Cepelo

Santiago de Compostela, a 12 de Agosto de 2018.

Penúltimo trámite superado e a SD Compostela xa está na ansiada final da XXX Copa  Deputación da Coruña. Esta tarde, no Campo do Cepelo, superou á SD Negreira por 0-3 nun partido no que foi moi superior ao rival que tiña enfronte.

Nun campo pequeno, de herba artificial, o Compos fíxose co dominio a base de oficio desde o primeiro minuto. Fixo valer a superior categoría e rapidamente adiantaríase no marcador. Corría o minuto 19 cando Mon colgou o balón á área e Aythami, adiantándose a todos os defensas, rematou de cabeza ao fondo das mallas no seu primeiro tanto da pretempada.

Antes do tempo de descanso, os branquiazuis tiveron a oportunidade de ampliar a vantaxe, pero primeiro Mon, despois Aythami e por último Brais Abelenda non foron capaces de superar a un atento Jose.

Con todo, á volta dos vestiarios, o decorado púxose máis favorable en canto o Compos aproveitou a súa opción. Nun balón rebotado, Mon enganchou unha gran e potente volea desde dentro da área coa súa perna esquerda coa que superou ao porteiro local. O tanto do capitán, o primeiro dun dos xogadores que segue do curso pasado, serviu para acougar os ánimos e achegarse un paso máis á final soñada.

Xa na recta final, e tras varios achegamentos, Miki poñía a guinda ao pastel co seu cuarto gol da pretempada. O extremo de Nigrán, que segue en refacho, aproveitou un balón longo para superar a Jose cun bo golpeo ao segundo pau.

Co 0-3, o árbitro sinalou o final do encontro e a SD Compostela clasificábase para a final da XXX Copa Deputación da Coruña na que se medirá ao Racing de Ferrol. O duelo agardado será o vindeiro martes ás 20.00 horas no Municipal do Roxo.

FICHA TÉCNICA:

0- SD Negreira: Jose; Juan Diego, Pereira, Santalo, Paco; Miguel, Pereira (M.Iglesias, m.46), Alberto; Richi (Anxo, m.74), Uxío e Rial (Samuel, m.56).

3- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Ube, Mon; Brais Abelenda, Santi (Samu, m.76), Rubén (Sergio Pereira, m.59); e Aythami (Miki, m.50).

Goles: 0-1: Aythami, min.19; 0-2: Mon, min.64; 0-3: Miki, min.92.

Árbitro: Elespe Tireux, colexio santiagués. Amoestou a Ube.

Incidencias: Partido das Semifinais da XXX Copa Deputación da Coruña disputado no Campo de O Cepelo ante 400 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.