A SD Compostela suspende os adestramentos da base

  • Todos os equipos deteñen a súa actividade, agás o Xuvenil A

Santiago de Compostela, a 19 de Xaneiro de 2021.

Logo do anuncio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia de suspender toda a actividade federada de ámbito autonómico, co obxectivo de reducir a preocupante traxectoria da incidencia da covid-19 na nosa comunidade, a SD Compostela suspende de maneira inmediata os adestramentos dos seus equipos da base.

Deste modo, todos as categorías deteñen a súa actividade habitual, agás o Xuvenil A, que seguirá adestrando e competindo ao tratarse dunha competición de ámbito nacional.

O club agarda que a situación sanitaria mellore polo ben de todos e se así fose, e no caso de que as autoridades o permitisen, volver a retomar a actividade dos nosos cativos.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado