A SD Compostela suma a primeira vitoria da pretempada en Noia

O equipo celebrando o gol de Joel.

  • Os branquiazuis superaron ao conxunto local por 0-1 con gol de Joel

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021

A SD Compostela sumou este sábado a primeira vitoria da pretempada, no seu segundo encontro estival, ao superar por 0-1 ao Noia CF. Na celebración do 25 aniversario da Asociación Deportiva Nicrariense, os xogadores adestrados por Rodri Veiga seguiron coa súa preparación para a competición oficial.

Nun encontro igualado, disputado no Estadio Julio Mato, a balanza decantouse para o lado compostelanista grazas ao gol de Joel á saída dun córner, aos quince minutos. O xogador ferrolán, que debutaba coa camiseta branquiazul tras un ano lesionado, non puido vivir mellor estrea.

A ocasión permitiu ao corpo técnico probar os conceptos traballados nestas dúas semanas e media de adestramentos, así como seguir coa adaptación das novas fichaxes.

Xogaron de inicio: Borja Rey, Saro, Guille Torres, Roque, Joel, Salado, Samu, Josiño, Pablo Durán, Mario e Yago. Entraron na segunda metade: Pato Guillén, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Rafa Mella, Yoseban, Escudero e Primo.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado