A SD Compostela formaliza a súa inscrición para o playoff exprés con dúbidas

4 de Xuño de 2020
  • O club agardou ata última hora por algunha modificación da documentación
  • O plantel e o corpo técnico pasarán os test o sábado pola mañá na Mutualidade
  • O Compos quere agradecer a Limpiezas Salgado a súa colaboración

Santiago de Compostela, a 4 de Xuño de 2020.

A SD Compostela formalizou hoxe, dúas horas antes de que rematase o prazo, a súa inscrición para o playoff exprés de ascenso á Segunda División B. Fíxoo tras agardar algunha modificación por parte da Real Federación Española de Fútbol na documentación que se tiña que presentar, pero a espera non tivo o éxito agardado. A RFEF enviou unha aclaración onde non recoñecía a falla de claridade na redacción dos documentos, se ben, nun ton pouco conciliador, cualificaba de erróneas as interpretacións dos clubs.

A RFEF recoñece, nesta nota aclaratoria, que a súa exoneración non acada as responsabilidades que lle son propias na súa condición de entidade organizadora. Con todo, o que quizais sorprende máis é que o club non obtivo resposta acerca dos mecanismos de control e supervisión que reclama dende un principio, que superan o ámbito de decisión de calquera dos equipos e que afectan á garantía de seguridade do conxunto dos participantes. Esta cuestión formal preocupa moito á directiva da SD Compostela, polo que seguirá traballando para que estes mecanismos se establezan.

Polo tanto, a SD Compostela valora negativamente a actitude da Federación, se ben agarda unha flexibilización dos protocolos, sempre que a situación sanitaria o permita co paso dos días, a cal permita afrontar o playoff exprés nas mellores condicións posibles. A ilusión xerada no seo da afección, o esforzo de corpo técnico e xogadores e o empurrón final dos avogados levaron ao club a formalizar esta inscrición, por riba de calquera dúbida existente.

En todo caso, o Compos xa se puxo en marcha e xa comezou a levar ao Estadio Verónica Boquete de San Lázaro todo o material de desinfección que o momento require. Os protocolos xa foron aprobados polo club e xa se deu conta a todas as partes afectadas, incluído o concello, dos criterios de actuación nas vindeiras semanas.

Neste senso, o club quere agradecer a colaboración da empresa compostelá Limpiezas Salgado en todo este proceso, co subministro de todo tipo de material e a predisposición absoluta para axudar ao Compos neste novo e inusual camiño cara á Segunda B.

Por outro lado, xa se confirmou que este sábado 6 de xuño os integrantes do club pasarán os test da covid-19, obrigatorios polo protocolo posto en marcha pola RFEF. Serán 25 xogadores, corpo técnico e médico, delegados e encargado de material os que na mañá do sábado serán sometidos a ditas probas. Os resultados das mesmas serán coñecidos con anterioridade ao inicio dos adestramentos, o luns ás 10 da mañá.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🗣️ Valoración do técnico branquiazul trala derrota o UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O Compos cae no Vero Boquete contra o Langreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸COMPOS 🩵🤍0️⃣-0️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.