A SD Compostela e Los Ángeles Gas, un compromiso duradeiro que beneficia aos abonados

  • O grupo de gasolineiras ofrece un desconto directo en cada repostaxe para os afeccionados do club que soliciten a tarxeta da compañía

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021

A SD Compostela segue un ano máis coidando aos seus abonados mantendo o seu acordo coa rede de gasolineiras de Los Ángeles Gas – LAG-, un compromiso co que se consegue recuperar o invertido no abono con descontos directos en cada repostaxe nas estacións de servizo da compañía galega.

Así mesmo, LAG mantén a súa alianza co club, os seus afeccionados e co deporte en todas as súas categorías. Neste apoio incondicional, ofrecen un desconto inmediato de 0,03 céntimos por litro enchido de Diésel e SP95. Esta rebaixa sobe a 0,06 céntimos no caso dos carburantes mellorados, Diésel Premium ou GForge e en SP98.

Para beneficiarse do aforro inmediato cada vez que se encha, débese completar a solicitude que se pode descargar ao final desta noticia, e que tamén teñen nas estacións do grupo LAG, a través do correo comunicacion@losangelesgas.es ou solicitando o documento nas propias oficinas da SD Compostela.

Los Ángeles Gas

Ademais, nas estacións de Los Ángeles Gas dispoñerá de subministración de todos os carburantes (incluído GLP, LAGBlue ou recarga eléctrica) e áreas de lavado. Contan así mesmo con espazo de supermercado, con produtos de tempada e cafetería. Todo iso da man de persoal cualificado e atención personalizada. Do mesmo xeito, realiza distribución de gasóleo e LAGBlue a domicilio, dando resposta en menos de 24 horas laborables.

Poderá beneficiarse destes descontos nas seguintes gasolineiras do grupo LAG: E.S. Manzaneda, S.A. Los Ángeles (Estr. Santiago-Noia, km.12); Gasóleos Compostela 2000, Sl. El Pilar (Avda. Juan Carlos I, Santiago); E.S. Compostela, S.L. (Rúa Amio, Polígono Costa Vella); E.S. Lapido, S.L. (Estr. Santiago-Noia, km.7,5); E.S. Sigüeiro, S.L.U. (Estr. N-550, km.51); É. Santa Comba L.A. G. Xallas, S.L. (Avda. De Brasil); E.S. Aeroporto-Santiso, S.L. (Estr. N-634, Curtis); E.S. Fontefría (Estr. Santiago-Noia, km.23); E.S. LAG Méndez Núñez, S.L. (Avda. Alférez Provisional, nº10, A Coruña); e E.S. LAG Oleiros, S.L. (Avda. das Mariñas, Perillo).

SOLICITUDE de desconto LAG Compos

Compartir en Redes Sociales

Relacionado