A SD Compostela e édeporte.gal estrearán o documental ‘Picheleiros’ este próximo martes

  • A peza, realizada pola produtora galega, rememora a segunda fase da pasada tempada
  • O tráiler publicarase ás 12.00 horas nas redes sociais do medio de comunicación dixital
  • A obra conta coa colaboración de Mahou Cinco Estrellas, patrocinador oficial do club

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2021

A SD Compostela e édeporte.gal estrearán este próximo martes 24 de agosto o documental Picheleiros, unha obra realizada pola produtora galega que rememora o vivido polo proxecto branquiazul durante a segunda fase de competición da pasada tempada, na que o equipo regresaba á Segunda División B. Como antesala, esta mañá, ás 12.00 horas, lanzarase o tráiler nas redes sociais.

Dirixida por César Fieiras, a peza, de algo máis de media hora de duración, compoñerase con entrevistas con xogadores, corpo técnico, persoal da entidade e directiva, así como con diferentes momentos vividos durante o desenvolvemento do citado playoff. O obxectivo, achegar ao afeccionado como é o día a día do club, ao mesmo tempo que se lembra a gran campaña realizada, un gran exemplo que serve de base para o novo proxecto, liderado por Rodri Veiga, que competirá na Segunda RFEF.

Esta documental conta coa colaboración de Mahou Cinco Estrellas, patrocinador oficial da SD Compostela, que con iniciativas como esta continúa apostando por achegar ás persoas a través do fútbol, reivindicar os encontros seguros como algo esencial para vivir mellor e promover a unión e conexión entre os afeccionados do club.

Ademais, froito do apoio da firma cervexeira, sortearanse lotes de produtos Mahou entre todos aqueles que comenten a publicación que se realizará en Twitter e Instagram, tanto da SD Compostela como de @édeporte_gal. Para participar, simplemente teñen que citar ao amig@ co que lle gustaría compartir unhas Mahous ben fresquiñas mentres ven o documental Picheleiros.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado