A SD Compostela e a UD Bastavales únense cun convenio para a base

30 de octubre de 2019
Convenio Bastavales 2 1
Ana Belén Bouzas e Pablo Gosende, presidenta e vicepresidente da UD Bastavales, con Antonio Quinteiro, na Sala de Trofeos da SD Compostela.
  • Ambos clubs colaborarán durante as dúas próximas tempadas

Santiago de Compostela, a 30 de Outubro de 2019.

A Sociedade Deportiva Compostela e a Unión Deportiva Bastavales asinaron estes días un acordo de colaboración para as categorías inferiores que se prolongará durante as dúas próximas tempadas, 2019-20 e 2020-21. Mediante esta vinculación, buscarase o impulso da actividade futbolística na comarca, ademais dun estímulo para os e as máis novos.

Coa firma de Antonio Quinteiro Canedo, presidente da entidade branquiazul, e de Ana Belén Bouzas Mato, dirixente do conxunto brionés, ambos comprométense a traballar conxuntamente, de forma activa, na formación dos xogadores, pero tamén dos técnicos que forman parte dos seus equipos.

Este acordo permitirá aos adestradores e futbolistas da base da UD Bastavales participar nos programas impulsados polo Compos, como a Escola de Formación, a Compostec, o Clínic de Adestradores ou os Campus, de Verán e de Inverno, coas mesmas vantaxes que os membros do club santiagués.

A maiores, ambos colaborarán na cesión de xogadores para tentar axudarse mutuamente e, por último, os adestradores do Bastavales poderán asistir gratuitamente aos encontros de liga que se disputen no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Con este novo acordo, o proxecto de canteira da SD Compostela, coordinado por Víctor Pazos, segue crecendo e sumando pezas, xa que este pacto únese aos xa asinados anteriormente co Praíña SPC, Victoria FC e Milladoiro SD.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.