A SD Compostela comezará a liga en Oviedo

  • O primeiro partido no Vero Boquete será na xornada 2 contra o Burgos CF Promesas

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

A Sociedade Deportiva Compostela xa coñece o calendario para a nova tempada 2022/23, que disputará na Segunda RFEF. Os nosos iniciarán a campaña visitando ao Real Oviedo Vetusta, a fin de semana do catro de setembro, disputando o seu primeiro partido na casa na xornada 2 contra outro filial, o Burgos CF Promesas.

Serán 34 xornadas apaixonantes de competición, que acabarán o 14 de maio, cunha última cita que o Compos disputará no Vero Boquete ante o Club Marino de Luanco.

Neste 2022, os nosos disputarán quince xornadas, marchándose ao parón do Nadal a fin de semana do 18 de decembro, despedíndose coa visita ao CD Laredo. Xa en 2023, a estrea será na casa, o 8 xaneiro, enfrontándose ao Rayo Cantabria.

Entre outros momentos destacados, o primeiro derbi disputarase na xornada 3, contra o Ourense CF no Couto, quedando encadrados os catro enfrontamentos autonómicos restantes entre as xornadas 7 e 11. Por esta orde, visita á Polvorín, casa ante o Coruxo, saída contra o Bergantiños CF e saída contra o CD Arenteiro. Entre medias, na 10, a RS Gimnástica de Torrelavega acudirá ao Vero Boquete.

Outra das citas marcadas no calendario por todos os compostelanistas será o duelo contra o Zamora CF de Yago Iglesias, encontro previsto na xornada 5, o 2 de outubro.

A maiores, os restantes partidos na casa, na primeira volta, serán os seguintes: UP Langreo (x.4), CD Guijuelo (x.6), Real Avilés CF (x.12) e Real Valladolid Promesas (x.14). Pola súa banda, como visitantes, quedarían os seguintes duelos sen citar: Palencia Cristo Atlético (x.15) e Club Marino de Luanco (x.17).

Pola súa banda, na segunda volta, os encontros manterán idéntica orde, arrincando o 22 de xaneiro. Como local: Oviedo Vetusta (x.18), Ourense CF (x.20), Zamora (x.22), Polvorín (x.24), Bergantiños (x.26), Arenteiro (x.28), Palencia (x.30), Laredo (x.32) e Marino de Luanco (x.34). Como visitantes: Burgos (x.19), Langreo (x.21), Guijuelo (x.23), Coruxo (x.25), Torrelavega (x.27), Avilés (x.29), Valladolid (x.31) e Rayo Cantabria (x.33).

Compartir en Redes Sociales

Relacionado