A SD Compostela comeza a liga en Salamanca

15 de Setembro de 2020
Calendario Tempada 20 21 01 2
Calendario da SD Compostela na Tempada 2020/21.
  • Debutará contra o Unionistas, o 18 de outubro, e estrearase en casa contra o Deportivo

Santiago de Compostela, a 15 de Setembro de 2020.

A SD Compostela xa coñece a folla de ruta para a primeira fase da tempada de regreso á Segunda División B. Esta mañá, a Real Federación Española de Fútbol deu a coñecer o calendario para a campaña 20/21. Encadrado no Subgrupo A de o Grupo 1, o club debutará o 18 de outubro visitando ao Unionistas de Salamanca.

A estrea, por tanto, será a fin de semana do 18 contra o equipo no que milita un exxogador branquiazul, Aythami Perera. Mentres tanto, o debut en casa, o 25 de outubro, deparará o primeiro derbi do ano. O Vero Boquete de San Lázaro vivirá a súa posta de longo na división de bronce cun SD Compostela vs RC Deportivo da Coruña.

Na xornada 3, haberá un novo duelo autonómico, xa que os branquiazuis desprazaranse a O Vao para enfrontarse ao Coruxo; e á seguinte fin de semana, de novo partido en casa contra o CD Guijuelo.

Tras un parón dunha semana, a acción volverá o 22 de novembro con tres derbis consecutivos. Así, os nosos mediranse, consecutivamente, ao Racing Club de Ferrol, Pontevedra e RC Celta de Vigo B, acabando o ano contra o Zamora, en casa. Pola súa banda, o 2021, arrincará co último encontro da primeira volta, previsto para o 10 de xaneiro, no que o Compos se medirá ao Salamanca CF UDS.

Esta primeira fase regular concluirá na fin de semana do 20/21 de marzo, precisamente, contra o rival que hai uns anos privou aos nosos do ascenso.

Á conclusión da competición, os tres primeiros loitarán polo ascenso á Segunda División, do cuarto ao sexto pelexarán polo salto á Primeira División RFEF, mentres que os catro últimos loitarán por quedar na Segunda División RFEF e evitar o descenso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🗣️ Valoración do técnico branquiazul trala derrota o UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O Compos cae no Vero Boquete contra o Langreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸COMPOS 🩵🤍0️⃣-0️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.