A SD Compostela celebrará o seu V Campus Compos en xullo

17 de Xuño de 2020
  • Celebrarase nos campos de As Cancelas e Sergas do 20 ao 24 e do 27 ao 31 de xullo
  • Será para nenos e nenas de 4 a 18 anos e extremaranse as medidas de seguridade e hixiene
  • A solicitude pódese presentar por vía telemática e o prazo de inscrición termínase o 10 de xullo

Santiago de Compostela, a 17 de Xuño de 2020.

A pesar das consecuencias da covid-19, os nenos e nenas de Santiago e comarca poderán gozar un verán máis do Campus Compos, organizado pola Fundación SD Compostela, e que este ano cumpre a súa quinta edición. Como novidades, desenvolverase no mes de xullo; en dous campos, As Cancelas e Sergas; e durante dúas semanas, a elixir (poden ser ambas), do 20 ao 24 e do 27 ao 31 de xullo.

Nesta ocasión realizarase en horario matinal, das 9.00 ás 14.00 horas, e extremaranse ao máximo tódalas medidas de seguridade e hixiene. Así, haberá xeles hidroalcohólicos para o uso de todos os participantes, limpeza de calzado á entrada e saída do campo, toma de temperatura ao chegar, os monitores levarán mascarillas e desinfectarase continuamente todos os materiais utilizados. Do mesmo xeito, o xantar e as augas serán individuais.

Co obxectivo de aumentar as cifras de edicións pasadas, os exercicios e actividades estarán impartidos por monitores profesionais, entre os que se atoparán técnicos da base do club, inclusive un preparador de porteiros. Todos eles farán máis amena a semana para os pequenos, agrupándoos por idades e niveis, condicións que tamén implicarán o campo no que participen.

Como agasallo, nesta edición, todos os participantes recibirán dúas camisetas conmemorativas do V Campus Compos para que poidan empregalas nos adestramentos, así como unha mascarilla personalizada da SD Compostela. Tamén, como todos os anos, haberá sorteos diarios de agasallos variados e visitas de distintas personalidades do mundo do fútbol, como xogadores, adestradores, directivos, árbitros ou empresarios.

A maiores da mellora técnica e táctica, os pequenos traballarán os valores positivos e bos modos que viran ao redor da práctica do fútbol. Haberá tempo para os xogos co balón, pero tamén outros momentos de convivencia.

O prazo de inscrición está xa aberto, tanto de maneira presencial como telemática (recomendada) ata o próximo 10 de xullo. Para apuntarse, os interesados poderán descargar o díptico ao final desta noticia, o cal deberán entregar cuberto (acompañado dunha copia do DNI do menor e da copia do ingreso na conta do club) no correo electrónico sdcompostela@sdcompostela.com ou nas oficinas do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas.

Ademais, para calquera dúbida, pódese requirir máis información a través do mesmo e-mail indicado anteriormente, así como do teléfono 981 57 70 41 ou a través das redes sociais da SD Compostela.

Os prezos por semana son de 90€ para os xogadores da canteira da SD Compostela e dos clubs conveniados (Milladoiro SD, SD Escravitude, UD Bastavales, Praíña SPC e Vitoria FC), 95€ os irmáns ou irmás de inscritos ou inscritas, 125€ para abonados ou abonadas ou fillos e fillas de abonad@s e 140€ a cota xeral.

Por último, o club agradece o apoio das empresas colaboradoras, en especial, a Segundo Rey SL, patrocinador oficial do V Campus Compos de Verán, pero tamén ao Concello de Santiago, Gadis, Kia Compostela Concesionario, Halé Shop, Lambonadas, Gráficas Alonso, Witland, Cervexaría Lois, Errea Sport, Augas de Sousas, Laucreaciones e Deputación da Coruña. Sen eles non sería posible esta nova edición.

Pincha aquí para descargar o díptico do V Campus Compos.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🗣️ Valoración do técnico branquiazul trala derrota o UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O Compos cae no Vero Boquete contra o Langreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸COMPOS 🩵🤍0️⃣-0️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.