A SD Compostela achégase aos 1.000 abonados

  • Hoxe esgotáronse as prazas de tribunas previstas como consecuencia da covid-19

Santiago de Compostela, a 21 de Setembro de 2020.

Inmersos dende hai unhas semanas na campaña de abonos para a tempada 20/21, a do regreso á Segunda División B, a SD Compostela achégase cada día máis á cifra dos 1.000 abonados. Mentres se chega a ela, o club completou no día de hoxe as prazas dispoñibles para a bancada de tribuna, en base ás previsións e protocolos de seguridade establecidos con motivo da covid-19.

Por iso, e ante as circunstancias acaecidas, a entidade compostelanista está a traballar na redacción dun protocolo que lle permita ter máis aforo nos partidos disputados no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, podendo aumentar o número de butacas dispoñibles, tanto en Tribuna como en Preferencia.

A día de hoxe, faltarían por cubrir cos abonos unhas 500 prazas na bancada de Preferencia, aproximadamente, unha vez que a SD Compostela decidiu ampliar o número de abonos ata os 1.500. Con todo, en caso de esgotarse todas as prazas de Tribuna e todas as de Preferencia, estudaríanse outras vías para dar cabida a todos os abonados.

Neste sentido, no primeiro partido de liga como locais, encontro previsto para o 25 de outubro contra o Real Club Deportivo da Coruña SAD, os abonados poderán acceder ao encontro sen pagar suplemento algún.

Por outra banda, o club está a traballar para xogar con público o Memorial Antonio Bermúdez, un trofeo que se pretende organizar para o vindeiro sábado 3 de outubro.

Así mesmo, para a tempada, o club ten previsto poñer á venda entradas para ambos fondos do Estadio nos partidos oficiais.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado