A S.D. Compostela sufre unha dura derrota en O Vao

DSC_0085

A S.D. Compostela sufriu un duro golpe no derbi disputado en O Vao ante o Coruxo. Os homes de Alberto Mariano, que por primeira vez puido dirixir ao equipo desde o banquiño, saíron derrotados por 5 goles a 1; un marcador demasiado abultado e que non indica como se desenvolveu o partido.

Ao partido chegaban dous equipos con dúbidas e cunha imperosa necesidade por gañar. O Compostela buscaba o seu primeiro triunfo a domicilio mentres que o Coruxo chegaba ao derbi coa necesidade de sumar unha vitoria tras acumular tres derrotas consecutivas.

Os goles non tardaron en chegar nun partido que a priori se presentaba igualado. No minuto 17, o Coruxo logrou adiantarse tralo saque dun córner que acabou en gol en propia porta de Javi González.

O Compostela acusou ese tanto e o Coruxo tomou as rendas do encontro. Os vigueses puideron ampliar o marcador no minuto 24, pero Pato Guillén cunha boa intervención desbarataba o disparo de Ortiz desde o vértice do área.

A insistencia do equipo de Rafa Sáez trouxo consigo o segundo gol dos locais noutra xogada a balón parado. Santi Comesaña remataba de cabeza o saque dun córner. Gol psicolóxico. O Compostela recibía o segundo mazazo no minuto 43.

Con todo, o Compostela foise con vida ao descanso. Cando o colegiado estaba a piques de pitar o final da primeira parte, Mon lograba roubar un balón case imposible para cederllo a Joaquín, que controlou e cruzou o seu disparo poñendo o 2-1 no marcador. Un tanto que revivía a unha Esedé que se marchaba ao descanso coa oportunidade de enderezar o rumbo do partido.

Tralo paso polos vestuarios chegaron os mellores momentos do Compostela, tocando o esférico e dominando o tempo do partido. O propio Joaquín tivo a mellor oportunidade para lograr a igualada cun bo remate que se marchaba fóra ao pouco de empezar a segunda parte.

O Coruxo parecía adormentado, acazapado no seu campo; con todo no minuto 77 rexurdiu con outro gol de Santi Comesaña. O dianteiro do Coruxo controlou un gran pase de Antúnez e ante a saída de Pato, batía a portería do Compostela.

Ese gol desbaratou as opcións dun Compostela, moi tocado ao recibir ese terceiro tanto cando mellor xogo estaba despregando. Alberto Mariano arriscou e meteu no terreo de xogo a Gerard Oliva e a Juan Rei; eles dous xunto a Orbegozo formaban un tridente ofensivo para intentar buscar a remontada no tempo que restaba.
O Compostela arriscou pero a xogada non saíu ben. Lonxe de recortar diferenzas, o que chegaron foron outros dous goles do Coruxo.

O cuarto gol dos locais chegaba no minuto 81 cun disparo de Salinas que, tras controlar o balón, batía a Pato sen que o guardameta uruguayo puidese facer nada.

Pero a desdicha do conxunto da capital galega no derbi aínda non acababa aí, pois no minuto 86 Antúnez entraba no área do Compostela pola banda dereita e lograba meter o balón entre as pernas de Pato sumando o quinto gol para o seu equipo.

Na próxima xornada a S.D Compostela recibirá ao Rácing de Santander. O partido será o domingo ás 17:00 no Estadio de San Lázaro. Unha boa oportunidade para reivindicarse en casa ante un rival histórico que saborea os postos de play off.

CORUXO FC (5): Brais, Cristóbal, Rafa Mella, Cifuentes, Acoidan, Pablo, Pedro-(Atúnez, min. 70), Raúl, Ortiz-(Salinas, min.77)(1), Santi Comesaña(2)-(Jorge, min. 83), Adrián(1).
S.D. COMPOSTELA (1): Pato, Javi González (1 p.p), Jimmy, Serio Sánchez, Catú-(Jesús Varela, min. 46), Marcos Rodríguez, Dani Hernández-(Juan Rei, min. 58), Fondevila, Orbegozo, Joaquín (1), Mon-(Gerard Oliva, min. 74).
GOLES: 1-0 (Min. 17, Javi en propia porta), 2-0 (Min. 43, Comesaña), 2-1 (Min 45, Joaquín), 3-1 (Min 48, Comesaña), 4-1 (Min. 82, Salinas), 5-1 (Min. 86 Adrián).
INCIDENCIAS: Da S.D. Compostela o árbitro amonestó con tarxeta amarela a Catú no min. 36 e a Juan Rei no min. 68.
Do Coruxo foi amonestado con tarxeta amarela Rafa Mella no min. 83

Compartir en Redes Sociales

Relacionado