A S.D. Compostela ofrenda ó Apóstolo

DSC_0178A S.D. Compostela realizou esta mañá a ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago. Un acto oficiado polo Bispo Auxiliar, Don Jesús Fernández e no que o presidente do club, Antonio Quinteiro, pediu ao santo o amparo e a luz para seguir levando a ilusión a través do deporte.


Tras entrar ao templo pola entrada de Platerías, todo o persoal, corpo técnico, traballadores e xogadores da base asistiron á misa das 12:00 onde o Bispo recibiu ao club e procedeu ao acto litúrxico. O presidente da S.D. Compostela invocou ao Apóstolo Santiago nunha lectura na que resaltou que “o equipo, con moita satisfacción, leva por toda a xeografía de España o teu nome coa unidade que nos caracteriza e do mellor xeito que sabemos facer: xogando ao fútbol”. Quinteiro destacou tamén que “temos o honor de levar na nosa camiseta o símbolo do teu apostolado, a cruz de Santiago, que levamos con moitísimo orgullo”.

O Bispo, Don Jesús Fernández, dirixiuse ao equipo animando e recordando a responsabilidade de dar un paso á fronte. “A competición é longa e ofrece sempre novas oportunidades. Formades parte dunha historia brillante e levades un escudo do que debedes sentir san orgullo”.

Tralo discurso litúrxico os presentes puideron ver funcionar o botafumeiro, momento que sorprendeu a moitos que non tiveran aínda a oportunidade de presencialo. Ao finalizar, os tres capitáns entregaron ao Bispo unha camiseta do club asinada por todo o equipo a modo de ofrenda e unha bufanda oficial da que fixeron entrega dous xogadores da base.

Logo da foto oficial da familia do Compostela no altar maior, todo o plantel, corpo técnico e directiva procederon ao tradicional abrazo ao Apóstolo.

Un acto que se enmarca dentro do convenio asinado recientemente coa Fundación Catedral de Santiago a través do cal se fomenta os valores da cultura e o deporte.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado