A S.D. Compostela lévase o derbi ante o R.C. Celta ‘B’

23 de Novembro de 2015
Dani web
                                                                                                              Fotografía: Amadeo Rey

 

S.D. COMPOSTELA (2): Pato, Josu, Jimmy, Sergio Sánchez, Catú, Marcos Rodríguez, Jordan-(Rubén Sánchez), Mon-(Javi Moreno), Orbegozo(1)-Gerard Oliva, Dani Hernández(1), Fondevila.

 R.C. CELTA ‘B’ (1): Iván, Kevin-(Rubén), Lucas, Jona-(Julio), Goldar, Borja Fernández, Luis Rioja-(Guille), Diego Alende, Borja Iglesias, Pape(1), Franco

 

A S.D. Compostela sumou a terceira vitoria da tempada no debut de Alberto Mariano como primeiro adestrador do plantel. Aínda que o técnico non puido sentarse no banquiño, o equipo mostrou unha boa imaxe, logrando un importante triunfo ante o Celta ‘B’ por 2 goles a 1, tres puntos necesarios para saír canto antes da parte baixa da clasificación.

O partido inclinouse ao pouco de empezar a favor dos locais. O Compostela comezou dominando, levando a iniciativa e froito dese dominio, no minuto 13, chegou o primeiro gol do Compostela nun disparo cruzado de Dani Hernández que se coou na portería do filial celeste.

Tralo gol, o partido entrou nunha fase de intercambio de golpes. Partido aberto, con chegadas á area rival por parte de ambos equipos. O Compostela puido ampliar diferenzas no minuto 32, nunha boa contra de Dani Hernández e Orbegozo. A resposta do Celta ‘B’ chegou por parte de Pape, pero un rapidísimo Catú evitou que o xogador céltico quedásese nun man a man con Pato.

O partido foise ao descanso logo dunha ocasión de Jordan, cuio disparo raso atopou a feliz intervención de Iván, o gardameta do filial do Celta.

Na segunda metade o partido converteuse nun auténtico toma e daca por ambos bandos, co Celta ‘B’ intentando levar a iniciativa e co Compostela buscando matar o partido ao contragolpe.

O Celta ‘B’ comezou a chegar con máis claridade á área do Compostela e nunha desas accións, no minuto 50, logrou o empate nunha acción na que a zaga da Esedé quedou en evidencia. Na mesma acción Pato logrou sacar dúas mans imposibles para evitar o empate pero no terceiro rexeite, Pape empuxaba o esférico e poñía o empate no marcador.

Lonxe de afundirse polo gol encaixado, a S.D. Compostela buscou a vitoria; oportunidade que chegaría dende os once metros tras unha boa incursión de Jimmy que acabou en penalti. O capitán foi claramente derribado no área por Jona. Do mesmo xeito que ante o Tudelano, Orbegozo foi o encargado de materializar a pena máxima e poñer o 2-1 no marcador.

Tralo segundo gol do cadro santiagués, o Celta B apenás inquietou a portería de Pato e ata puido chegar o terceiro do Compostela logo das boas ocasións que tiveron Rubén Sánchez e Fondevila.

O novo adestrador do Compostela, Alberto Mariano, logrou os tres puntos no seu debut e quixo dar os parabéns ós seus xogadores porque tralos cambios desta semana“foi un esforzo incrible”. O técnico manifestou en rolda de prensa que “estou contento a nivel esforzo e compromiso, a nivel bloque, pero con balón non tivemos a ideas claras, temos que evolucionar aínda”.

Tres puntos no peto e unha vitoria moi importante para o ánimo do persoal que a próxima xornada afrontará o segundo derbi consecutivo, de novo en San Lázaro, esta vez ante o líder destacado da categoría, o Rácing de Ferrol. O partido será o vindeiro domingo, 29 de novembro, ás 17:00h

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.